martes, 17 de mayo de 2016

Esquerda Unida fai un chamamento á participación na manifestación da plataforma Queremos Galego o 17 de maio



O idioma é a vida. Maniféstate pola lingua! 
17 de maio Santiago de Compostela


Esquerda Unida fai un chamamento á participación na manifestación o 17 de maio en Santiago de Compostela, convocada pola plataforma Queremos Galego baixo o lema “O idioma é a vida”.


Os dramáticos datos relativos á perda de falantes e reflictidos na última enquisa do Instituto Galego de Estadística, así como a análise do Comité de Expertos do Consello de Europa para a Carta Europea das Linguas, evidencian que a política lingüística do goberno de Feijóo é unha política galegofóbica e lingüicida que converte en extranxeira a lingua propia.


“A mobilización a prol da plena normalización lingüistica da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca, ante a realidade dun goberno autonómico do PP que, fronte á obriga legal de promoción e defensa do galego, converteuse nestes últimos oito anos no principal artífice do retroceso do mesmo” sinala Roi Rodríguez, coordinador da área de Educación de EU.


No hay comentarios: