VIDEOFORUM ABERTO DE EU SOBRE A CRISE HUMANITARIA ÁS PORTAS DE
EUROPA
O próximo día 31 de maio de 2016 as 19:30 no
local de Compostela Aberta, na praza do Toural en Compostela
O deputado de Alternativa Galega de Esquerda e membro da executiva nacional de Esquerda Unida Xabier Ron, gran activista pola defensa dos dereitos humanos e colaborador permanente de asociacións de solidariedade internacional, tamén se contará coa presencia de Nour Al-Hussen activista e politóloga galega-siria gran coñecedora da geopolítica do Mundo Árabe e voz incansable das súas compatriotas silenciadas. Tamén intervirá o voceiro do Foro Galego da Inmigración Miguel Fernández que contará os eixos principais da súa organización e os proxectos e espacios nos que están a traball
ar.
O acto comezará co visionado dun breve pero intenso
documental feito polo xornal dixital “eldiario.es” titulado “Las Muertes
de Ceuta”, que servirá como introducción as ponencias da mesa e
porteriormente a participación aberta todas as asistentes a charla-debate. Este
documental trata as mortes de 15 inmigrantes o 6 de febrero de 2014 cando
intentaban entrar en Ceuta a nado e foron obxeto de disparos con pelotas de
goma e botes de fume por parte da Garda Civil. Este documental está producido
polo Observatori DESC. Estos feitos son tomados como exemplo da política
fronteiriza do Goberno de España.
No hay comentarios:
Publicar un comentario