A
ASEMBLEA COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA APOIA POR UNANIMIDADE A
CANDIDATURA PRESENTADA PARA RENOVAR A COORDINADORA COMARCAL
SARA
GARCÍA E NOA MORALES SON ELIXIDAS
CO-COORDINADORAS
COMARCAIS.
Trala última asemblea nacional de Esquerda Unida, baixo o lema “A forza das ideas”, a organización abriu o proceso de renovación das Coordinadoras Comarcais, para levar a cabo o traballo aprobado nos documentos políticos e organizativos, encamiñados a potenciar a necesaria Unidade Popular.
Na última asemblea comarcal de Esquerda Unida
Compostela, a militancia apoiou unanimemente a candidatura presentada para
constituír a nova Coordinadora Comarca (CC). Na súa primeira xuntanza esta nova
CC, entre outras cuestións, debateu e elixiu as diferentes responsabilidades
das persoas que formaban parte da candidatura.