A construción de 308 chalés en Bando e a do famoso campo de golf supoñen de todo menos contribuír a unha ordenación racional do territorio, respectuosa cos parámetros da sustentabilidade medioambiental. A dispersión urbanística só pode contribuir a un incremento dos parámetros de insustentabilidade. Pero é que, ademais, os terreos desafectados do ministerio de Defensa deberían ter un destino, unha finalidade e un uso social. Está claro que os 300 chalés non van responder a esta finalidade. E o campo de golf…moito menos.
E claro, nestas condicións, e tendo en conta que o Concello entregou máis de 200 000 euros para a elaboración do proxecto técnico do campo de golf, moito nos tememos que os grupos que nos gobernan no Concello farán todo o inimaxinable para xustificar –ao igual que o fan co enxendro da Cidade da Cultura- que 308 chalés en Bando son vivendas sociais para familias de escasos recursos e que a súa construción favorecerá a creación da cidade compacta e a prestación equilibrada e redistributiva de servizos públicos, asemade dirán que o campo de golf fai un uso da auga moi respectuoso coa ecoloxía e que responde a unha necesidade social longamente demandada en Compostela.
Santiago, 6 de outubro de 2007
Consello Comarcal de Esquerda Unida
1 comentario:
votando contas 1500 persoas aprox.vivirían pegadas a un campo de golf,o que supon accesos ,vias de comunicacion e transportes,servicios...o que supon unha comunidade alonxada do nucleo e que funcionaría como dormitorio de compostela unha mini-cidade de acomodados a que o concello lle ofrece xogar ao golf para divertirse.que wai, mais algo caro, pero, así semellaremonos máis as cidades turisticas do mediterraneo,veña urbanizar segundas vivendas para clases acomodadas,e veña campos de golf e restaurantes .
non aprendemos......michel
Publicar un comentario