Para a Área de
Mulleres de Esquerda Unida Compostela a valoración do tráxico balance ao longo
deste ano, marcado polo alarmante aumento, de agresións sexuais, vexacións
verbais e asasinatos de mulleres en todo o Estado, e a nula reacción dos
poderes públicos, corroboran que as relacións entre homes e mulleres seguen a
construírse sobre bases patriarcais que apuntalan a desigualdade e a
discriminación machista.
Neste contexto de
desigualdade e discriminación patriarcal onde se enmarcan todo tipo de
agresións contra as mulleres. Só unha sociedade fundamentada e asentada na
igualdade real, impediría que a crise económica puidera servir de pretexto ou
explicación.
Para a Área de
Mulleres de EU Compostela o feito de que a mesma imaxe do corpo da muller como
simple obxecto que se proxectan moitos
medios de comunicación e de publicidade, e inclusive dende espazos sociais e
políticos con declaracións e comportamentos atentatorios e denigrantes ás
mulleres, mandan unhas mensaxes sexistas de gran calado, que en gran medida
promoven e suscitan implicitamente a violencia machista e a desigualdade.
A igualdade real
constrúese a partir da prevención e da educación. As políticas e as estratexias
que se utilizan para previr as agresións deben partir dunha educación
afectivo-sexual a todos os niveis que facilite desenvolver unha sexualidade
baseada no respecto e na igualdade real entre mulleres e homes.
E por suposto, a
Área de Mulleres fronte aos recortes nos orzamentos e políticas públicas,
esiximos que se reforcen os recursos
económicos e humanos destinados ao desenvolvemento de políticas de igualdade
activas, integrais e participativas, pola consecución dunha Sociedade libre de
violencia de xénero, na liña do apuntado polo Convenio de Istambul sobre
prevención da violencia de xénero e as propostas enunciadas polos colectivos
feministas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario