lunes, 24 de noviembre de 2014

Moción polo 25N

“A LOITA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA, SEGUE A SER A LOITA POLA IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES.”

Para a Área de Mulleres de Esquerda Unida Compostela a valoración do tráxico balance ao longo deste ano, marcado polo alarmante aumento, de agresións sexuais, vexacións verbais e asasinatos de mulleres en todo o Estado, e a nula reacción dos poderes públicos, corroboran que as relacións entre homes e mulleres seguen a construírse sobre bases patriarcais que apuntalan a desigualdade e a discriminación  machista.

Neste contexto de desigualdade e discriminación patriarcal onde se enmarcan todo tipo de agresións contra as mulleres. Só unha sociedade fundamentada e asentada na igualdade real, impediría que a crise económica puidera servir de pretexto ou explicación.

O feito de que a mesma imaxe do corpo da muller como simple obxecto  que se proxectan moitos medios de comunicación e de publicidade, e inclusive dende espazos sociais e políticos con declaracións e comportamentos atentatorios e denigrantes ás mulleres, mandan unhas mensaxes sexistas de gran calado, que en gran medida promoven e suscitan implicitamente a violencia machista e a desigualdade.

Dende a Área de Mulleres de EU Compostela propoñemos ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de.

ACORDOS:

Primeiro. Que as políticas as estratexias que se implementen para previr as agresións sexistas partan dunha educación afectivo-sexual a todos os niveis que facilite desenvolver unha sexualidade baseada no respecto e a igualdade real entre mulleres e homes

Segundo. Reforzar  os recursos económicos e humanos destinados ao desenvolvemento de políticas de igualdade activas, integrais e participativas, pola consecución dunha Sociedade libre de violencia de xénero, na liña do apuntado polo Convenio de Istambul sobre prevención de violencia de xénero e as propostas enunciadas polos colectivos feministas.

No hay comentarios: