jueves, 22 de enero de 2015

Moción en defensa das persoas afectadas pola Hepatite C



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela manifesta o seu apoio á loita das persoas afectadas pola infección do virus da Hepatite C.

Levan meses esixindo ao Goberno o financiamento dun fármaco de recente comercialización (Sofosbuvir), extraordinariamente eficaz na erradicación desta enfermidade. A multinacional que o comercializa, Gilead, impón un prezo abusivo por cada uno dos tratamentos. O Ministerio de Sanidade non está financiando este tratamento e desde a aprobación do mesmo por parte da Axencia Europea de Medicamentos rexistráronse uns 4.000 falecementos de pacientes que poderían terse beneficiado do seu uso.

Denunciamos que o Goberno non actúa debidamente para garantir este tratamento. Aduce problemas de financiamento, debido ao elevado custe do tratamento individual, pero non fai uso das ferramentas que ten o seu alcance, e que poden permitir abaratar o prezo do medicamento e garantir o dereito á asistencia sanitaria e á vida destas persoas.

O acordo sobre propiedade intelectual da OMC (Acordo ADPIC) permite a  utilización de licencias obrigatorias, isto é, permisos para que un goberno poida producir un produto patentado ou utilizar un procedemento patentado sen o consentimento do titular da patente. Según os acordos internacionais asinado, o Goberno podería autorizar a produción de xenéricos baseados na patente de Sofosbuvircon, co fin de dar tratamento a prezo sostible ás persoas afectadas pola Hepatite C. É máis, en casos de emerxencia sanitaria e de prácticas empresariais anticompetitivas, o Goberno non está obrigado a intentar negociar unha rebaixa do prezo co propietario da patente de maneira previa á autorización da licenza obrigatoria, senón que pode impoñer directamente o prezo que considere oportuno, adecuado e xusto.

A única limitación, que non orma parte do acordo ADPIC (modificado en 2003), é a decisión voluntaria dalgúns países desenvolvidos, entre os que se atopa España, de renunciar á importación de xenéricos producidos baixo licenza obrigatoria en terceiros países, ferramenta que sería útil en caso de que non existira capacidade técnica para a produción do medicamento xenérico no propio territorio.

Por todo isto o o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago que se solidarice coa loita das persoas afectadas Hepatite C, apoie as mobilización que leven a cabo e que  esixa e inste ao Goberno de España:


Primeiro. Declarar a situación dos pacientes afectados pola Hepatites C como emerxencia sanitaria e a actuación da empresa Gilead de anticompetitiva e monopolística

Segundo. Realizar os trámites necesarios, coa maior rapidez posible, sen negociación previa co  titular da patente, para a emisión de licenza obrigatoria de Sofosbuvir, autorizando o abastecemento do mercado interno deste produto mediante a fabricación de xenéricos, fixando un prezo que sexa sostible para as arcas públicas e que garanta ol tratamento para todas as persoas o o necesitan según criterios científicos.

Terceiro. Retirar a decisión voluntaria del Goberno de renuncia á importación de xenéricos producidos baixo licenza obrigatoria en terceiros países, a fin de poder importar estes medicamentos en caso de que a produción de xenéricos baixo licenza obrigatoria realizada no territorio non sexa suficiente para cubrir as necesidades de tratamento.

Cuarto. Desenvolver unha investigación farmacéutica independente á actual industria, ao servizo unicamente do progreso científico e da mellora da saúde da poboación, sendo para elo de titularidade y financiamento públicas.

Quinto. Poñer en marcha unha industria farmacéutica pública coa capacidade de facer fronte á demanda de medicamentos dos sistemas sanitarios públicos.

No hay comentarios: