ESQUERDA
UNIDA COMPOSTELA REITERA, UNHA VEZ MÁIS, QUE A DEMOCRACIA PARTICIPATIVA TEN QUE
SER UNHA REALIDADE PARA FACER PARTÍCIPE AS VECIÑAS E VECIÑOS DAS ACTUACIÓNS QUE
ACOMETE O CONCELLO
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DENUNCIA A NEFASTA XESTIÓN DO PARTIDO
POPULAR NAS OBRAS DE CARREIRA DO CONDE.
Para o Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela a incompetencia mostrada polo goberno local do Partido Popular nas
obras de Carreira do Conde, demostra, unha vez máis, a execrable xestión do
dedocrático alcalde Agustín Hernández, que tanto dano fai a Santiago.
En primeiro lugar, é inadmisible, como xa ten
ocorrido en outros moitos barrios da cidade, a falta de información coa que
actúa o PP nas medidas que toma. As veciñas e veciños teñen o dereito a que o
Concello, como mínimo, avise en tempo e forma, por exemplo, das obras que se
van acometer no seu barrio.
Por suposto, para Esquerda Unida é necesario ir
moito máis aló, e facer real a Democracia Participativa, coa que conseguir, non
so que a xente teña a información que demanda, se non que sexa partícipe das
medidas que se acometan, colaborando activamente para achar as mellores
solucións ante as eivas que poidan existir na súa rúa, no seu barrio, na cidade.
O único que fai o Partido Popular ao actuar
unilateralmente e de costas a cidadanía, é crear malestar e non atallar as
demandas das veciñas e veciños. Tralas denuncias recibidas, criticamos que non
se fixera plan de mobilidade para o Ensanche antes de decidir peatonalizar
Carreira do Conde. ¿Cómo e quen tomou esta decisión?¿Consultouse á veciñanza
sobre posibles beneficios e prexuízos desta medida?
Por exemplo EU sempre defenderá o fomento do
transporte público, para reducir o uso do vehículo privado, e polo tanto ser
necesarias menos prazas de aparcamento. Sen embargo o PP nada propón para a
mellora da mobilidade en Santiago, pero si que, por exemplo, coa obra en
Carreira do Conde elimina decenas de prazas de aparcamento. Creando enfado en
moitas persoas que se ven na obriga de usar vehículo privado para acudir ao seu
posto de traballo, e que, polo que parece, o señor alcalde desexa que usen os
caros aparcadoiro privados que existen cerca desta rúa.
Se a nefasta xestión desta obras xa é grave, o que
é incrible é a falta de criterio do Partido Popular na toma de decisións. Por
suposto nunca negaremos que sexa necesario facer obras de mellora na cidade
pero hai que saber cales deben ser prioritarias e cales poden agardar. Neste
momento consideramos que o gasto de 600.000 euros na Carreira do Conde, nesta
obra sen consenso e mal planificada, non deben executarse. Tal e como
comprobamos nas visitas a distintos barrios da cidade neste momento hai obras
de mantemento de beirarrúas, parques, estradas e outras espazos públicos que
por seguridade, non por estética, teñen que ser acometidas de inmediato.
Por último criticamos, nunha clara mostra da
incompetencia de Agustín Hernández, que se orzamente a mesma cantidade para
esta obra, como mínimo cuestionable e para nada urxente, que para a renda
social para as persoas da cidade en risco de exclusión. É necesario que o
Concello actúe de inmediato e acometa medidas que beneficien a maioría social,
por exemplo, como recentemente pedimos, que se subvencione o pago do IBI as
persoas en risco de exclusión social.
No hay comentarios:
Publicar un comentario