REPRESENTANTES
DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REÚNENSE COA A.V. A XUNTANZA PARA A ELABORACIÓN
COLECTIVA DO PROGRAMA POLÍTICO DAS MUNICIPAIS
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA REITERA A NECESIDADE DE ARTICULAR OS
MECANISMOS DE INFORMACIÓN E PARTICIPACIÓN, PARA QUE AS VECIÑAS E VECIÑOS SEXAN
PARTÍCIPES Á HORA DE BUSCAR SOLUCIÓNS PARA O SEU BARRIO.
Os
representantes do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, José María
Tubío e Vicente Vázquez, mantiveron un encontro coa AV A Xuntanza, dentro do
programa de visitas ao tecido asociativo da cidade para coñecer de primeira man
as necesidades do barrio e no proceso participativo de elaboración colectiva do
programa das municipais de maio do 2015 .
Consideramos
labor prioritaria do Concello fomentar a participación da veciñanza nas
actividades que incumban ao seu barrio e establecer espazos e instrumentos para
os procesos de reclamacións e suxestións.
Dende o
Consello Comarcal de EU Compostela apoiamos a demanda dun Centro Socio Cultural
no barrio de San Pedro. É necesaria a construción dun espazo publico con salón
de actos e outras salas habilitadas para dar servizo ás diferentes actividades
do barrio. Reiteramos tamén o noso apoio á proposta de converter o CSC da
Trisca nun lugar destinado ás persoais maiores contribuíndo a que teñan unha
vida autónoma e enriquecedora.