Esquerda Unida Compostela organiza unha charla coloquio coa participación de Asunción Bernárdez Rodal. Dita charla titulase “As mulleres na política e a súa representación mediática”. Celebrarase o Xoves 28 de abril ás 19:30h no local de Compostela Aberta na praza do Toural en Compostela. A participación e libre.
Asunción Bernárdez Rodal é
profesora titular da Universidade Complutense de Madrid de Comunicación e
Xénero, Semiótica dos Medios de Masas e Teoría da Información, materias que
imparte na Facultade de Ciencias da Información.
Doutora en Xornalismo e Licenciada en
Filoloxía Hispánica, na actualidade dirixe o Instituto de Investigacións
Feministas da Universidade Complutense. Foi coordinadora do Programa de
Doutoramento en Estudos Feministas e de Xénero. Formou parte da comisión de
expertas/os para a violencia de xén
ero nos medios de comunicación do Ministerio
de Igualdade.
Realiza traballos de investigación ao redor
das análises dos discursos de xénero tanto textuais como audiovisuais. No ano 2015 publicou o libro “Mulleres no
medio(s): Propostas para analizar a comunicación masiva con perspectiva de
xénero”, na Editorial Fundamentos de Madrid.
En particular, desenvolveu
unha liña de investigación en torno ao cinema e
as análises da violencia. Publicou o libro Violencia de xénero no cinema
español na Editorial Complutense, e desenvolveu outras liñas de traballo sobre
textos literarios e a experiencia creativa das mulleres como os libros “Escritoras
e xornalistas en Madrid”, publicado no Concello de Madrid; “Perdidas no espazo na editorial” Huerga &
Fierro, “O humor e a risa” na Fundación Autor, e na actualidade publicou máis
de cincuenta artigos especializados en xénero e cultura mediática dispoñibles
en pdf no repositoro de textos da UCM e-prints.
Traballou en Semiótica e
Teoría da Recepción con publicacións como “Don Quixote, o lector por excelencia”
e “O soño de Hermes: o receptor na esfera comunicativa”.
Nos últimos anos participou
no desenvolvemento dunha liña de investigación sobre Museos e Arte de mulleres
dentro do grupo de Investigación do Instituto de Investigacións Feministas, e
na actualidade participa no Proxecto Europeo DIVERCITY: Diving into Diversity
in Museums and in the City.
No hay comentarios:
Publicar un comentario