Esquerda Unida Compostela está a participar activamente na constitución da REDE GALEGA EN APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS que vén de constituirse hai unha semana e da que participan diferentes colectivos sociais, organizacións políticas e sindicais.
Tras varias xuntanzas mantidas a nivel galego, dámosvos traslado das accións acordadas e previstas para estes días, resaltado sobre todo a MOBILIZACIÓN NACIONAL DO SÁBADO 23 DE ABRIL en Compostela.
A REDE GALEGA EN APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS, constituiuse para promover e coordenar en Galicia actuacións dirixidas á formación, concienciación social e incidencia política ante a realidade das persoas refuxiadas, e que está conformada por ONG, Asociacións, Entidades, Movementos Sociais, Sindicatos, Partidos Políticos e persoas individuais:
O próximo día 20 de abril, ás 10:30, convocará unha Rolda de Prensa informativa, na Librería Couceiro (Praza Cervantes) en Santiago de Compostela, para:
- Presentar a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, as razóns da súa constitución e os seus obxectivos.
- Presentar o Manifesto da Rede que baixo o lema RACHEMOS COAS FRONTEIRAS, NON ÁS GUERRAS, inclúe unha serie de demandas e revindicacións dirixidas aos diferentes gobernos, dende as administracións locais ata a Unión Europea, para esixir unha resposta que garanta os dereitos humanos das persoas refuxiadas.
- Presentar as primeiras accións e actos públicos que a Rede promove, convoca e desenvolve este sábado, día 23 de abril, en Santiago de Compostela.
- Ofrecer información por parte das ONG Ecos do Sur e Médicos do Mundo, organización que coñecen a realidade que están a vivir as persoas refuxiadas tanto ás portas de Europa como no Estado español.
No hay comentarios:
Publicar un comentario