Reproducimos un novo comunicado elaborado pola Plataforma
Cultura Si Mausoleo Non.
Constátase o que levamos denunciado: nunca un diñeiro público
foi tan mal gastado e tan directamente entregado a mans privadas.
Esta é a marca da "progresía" do bipartito. Esta é a forma de
xestionar o noso diñeiro.
****
CIDADE DA CULTURA IGUAL A CAIXA REXISTRADORA A BENEFICIO DAS
GRANDES FORTUNAS
As empresas que antes subvencionaban os Coros e Danzas do
franquismo, que fletaban autocares para ir á Praza de Oriente
e que actualmente explotan e esquilman sen doerlles aos seus
intereses os recursos naturais de Galiza, van e caen do cabalo
en Monte Pío e parece van invertir todos os seus aforros e
traballar desinteresadamente pola cultura galega.
Consideramos vergonzoso que unha consellería do BNG favorezca
e aplauda esta entrega a empresarios avidos de lucro e
aumentar as suas ganancias da Cidade da Cultura, un monstro que
nos leva costado aos cidadáns galegos máis de 500 millóns de
euros.
Si tan interesante era o proxecto porque non o
costearon desde a primeira palada de cemento os señores de
inditex,fenosa,reganosa,etc?
Agora cando o desembolso do erario público está feito e completado
entran ver se poden ter ganancias os señores empresarios ou é
que entregan os cartos a fondo perdido e como donación por
remorderlles a conciencia as ganancias que teñen conquerido
coa explotación dos recursos naturais de Galiza?
Tamén é vergonzoso o silencio subvencionado da xente da cultura
e dos intelectuais galegos. EStán de acordo en entregar a
Cidade da Cultura ao interes crematístico destes empresarios e
banqueiros. Vense representados nas obras culturais que lle
preceden a estes inversores interesados (picaderos,
festas gastronomicas, plantas de gas, encoros, grandes areas
comerciais,coros e danzas franquistas,etc).
Touriño e Anxela Bugallo priman o lucro e os intereses
empresariais mentras a cultura galega adolece de inversións
e abandonanse o patrimonio monumental e histórico.
Tanta comisión de sabios, mesas de intelectuais e reunións
con artistas, para ao final do mandato do bipartito facer o
que xa tiña pensado Pérez Varela, convertir a Cidade da Cultura
nun mega centro comercial, donde poder facer catro operas
internacionais desas de 'Carmiña Burana' á semana.
A Plataforma Cultura Si, Mausoleo Non chama á mobilización
cidadán, excluidos os que teñan accións e intereses comercias
nestas grandes empresas inversoras ou posibilidades de montar
unha tenda no Gaias ou terrenos urbanizables na zona,
para denunciar o desprezo do goberno bipartito coas
necesidades da poboación que representan e que neste momento de crise
económica, non están precisamente en entregarlle o construido
no Gaias as grandes fortunas galegas para que se siguen enriquecendo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario