Reproducimos un comunicado da Plataforma Cultura Si Mausoleo Non
CONSUMASE A ENTREGA DA CIDADE DA CULTURA AO CAPITAL BANCARIO
TOURIÑO BALEIRA DE CONTIDO E DE ORZAMENTO Á CONSELLERÍA DE CULTURA, PARA DARLLE TODO O PODER DE INTERVENCIÓN Á BANCA.
O Presidente Touriño co aplauso de Anxela Bugallo ven de efectivizar a fuxida do sector público da xestión da Cidade de Cultura. A inversión de mais de 500 millóns de euros que xa vai derrochada no Gaias, con cartos dos impostos de todos os cidadáns, NON vai estar dirixida e controlada por profesionais e técnicos da xestión cultural. O flamante goberno bipartito que se di de esquerdas e progresista, culmina a obra de Manuel Fraga, nomeando a un xestor bancario para que a privatización da Cidade da Cultura se convirta nun negocio lucrativo para as elites patronais e grandes inversores multinacionais.
Queda santificada a conversión do Gaias nun macro centro comercial da Cultura, donde o consumismo e os souvenirs sexan a norma de actuación e a programación vaia centrarse en eventos de nulo contido cultural e si moito espectaculo mediocre e de baixo perfil. Moi pronto podremos ver pasando pola Cidade da Cultura a Isabel Pantoja, Manolo Escobar ou aos Del Rio coa sua Macarena.
A Plataforma Cidadán Cultura Si, mausoleo Non, temos que rechazar esta deriva ideoloxica do que no seu momento se nos publicitou como goberno de esquerdas para rematar nun apendice bancario que ven de entregar o que é maior parte do orzamento da Consellería de Cultura á xestión privada, con nengunha garantia de promocionar e difundir o feito cultural galego. Dado este paso consideramos que non ten sentido a continuidade de Anxela Bugallo ao fronte dun departamento que perde toda capacidade de xestionar a Cidade da Cultura e que asiste de convidada de pedra á entrega a entidades privadas e de ostentoso afan de lucro, do que supostamente representa mais de mitade do orzamento da Consellería de Cultura, que queda valeira de contido e de orzamento.
Unha vez mais consideramos necesario reclamar a disolución deste proxecto seudocultural que é a Cidade da Cultura e esiximos responsabilidades por tanto despilfarro e inversión públicas que van beneficiar os negocios duns poucos inversores empresariais.
10 de xullo de 2008
O Portavoz de Cultura Si Mausoleo NON
Xan Carlos Ansia
No hay comentarios:
Publicar un comentario