ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CONSIDERA NECESARIO O ARRANXO DO FIRME DO PERIFÉRICO E O SEU CORRECTO MANTEMENTO.
O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA, COMO XA FIXERA O 22 DE FEBREIRO, APOIA QUE SE DEMANDE O GOBERNO CENTRAL AS MEDIDAS NECESARIAS PARA ESTA ACTUACIÓN.
O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA, COMO XA FIXERA O 22 DE FEBREIRO, APOIA QUE SE DEMANDE O GOBERNO CENTRAL AS MEDIDAS NECESARIAS PARA ESTA ACTUACIÓN.
EU Compostela considera unha das labores máis importantes de calquera concello a de velar pola seguridade dos seus habitantes, realizando, por exemplo, un exhaustivo mantemento das estradas e beirarrúas polas que transitan os veciños e veciñas.
Como xa denunciaramos o pasado 22 de febreiro, esta labor non se está facendo no periférico de Santiago, e tal e como recoñecíamos “ […] hai zonas onde no é o concello quen pode levar a cabo as obras necesarias, o que non lle exime da obriga de instar, exixir, por exemplo, a Fomento, que faga o necesario para velar pola seguridade viaria en Santiago […], polo que apoiamos as xestións que debe realizar o equipo de goberno para que dende o goberno central acometan as obras necesarias.
Pero o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela quere manifestar que, unha vez máis, o actual equipo de goberno toma as súas decisións con improvisación e cando non lle queda máis remedio que actuar para evitar situacións máis graves, porque o mal estado do firme do periférico é unha queixa máis que habitual dos veciños e veciñas, que ven con impotencia como as súas queixas non son máis que un mero eco a oídos do PSdG e o BNG, que para evitar molestias maiores levan a cabo actuacións cosméticas que non son máis que meros parches que non solucionan o problema.
Tamén é sumamente criticable que o equipo de goberno faga a esta alturas informes sobre o periférico para remitir o Estado, sabedores, sen lugar a dúbida, da época pre electoral na que estamos, facendo a burda estratexia de reflexar que a culpa do deficiente firme do periférico é doutra Administración Pública, e non da Administración Local que se renovará nas próximas eleccións o vindeiro maio.
Por último, e unha vez máis por ser o máis importante, Esquerda Unida Compostela reitérase en que calquera medida que teña que ver con tráfico rodado metropolitano ten que ter como premisa fundamental a redución de vehículos que diariamente transitan polas estradas da cidade, polo que é necesaria a elaboración dun Plan de Mobilidade Global e Sustentable económica e medioambientalmente, que axude, non so a frear o deterioro do firme das estradas, se non a fomentar unha cidade máis habitable e ecolóxica, e por suposto que conte nesa elaboración coa participación cidadá que dende EU sempre se defendeu, defende e defenderá.
Marzo de 2011
No hay comentarios:
Publicar un comentario