lunes, 28 de marzo de 2011

Comunicado sobre zonas verdes e aparcadoiros subterráneos

O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REITERA A NECESIDADE DUN PLAN GLOBAL DE MOBILIDADE QUE ACADE A NECESARIA E DRÁSTICA REDUCIÓN DE TRÁFICO RODADO NA CIDADE.


ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA DENUNCIA O ESCASO DIÁLOGO, A DEFICIENTE PLANIFICACIÓN E A NULA PARTICIPACIÓN NO PROCESO DE DESIGNACIÓN DE ZONAS VERDES PARA RESIDENTES .

EU Compostela sempre defendeu, defende e defenderá que o Concello, como servizo público que é, debe velar polo benestar da cidadanía, e levar cabo as actuacións necesarias para elo, contando sempre coa participación dos veciños e veciñas, situación que non se produce co actual equipo de goberno.


O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela entende que a medida de zonas verdes para residentes pode ser necesaria, sobre todo nas zonas onde o proceso de edificabilidade non foi acompañado cun de dotación de garaxes, pero critica que se fixera dunha maneira delegativa, sen contar coa participación dos veciños e veciñas afectados, e cunha deficiente planificación, orixinándose situacións un tanto lamentables como o repentino aumento do censo ligado á obtención da tarxeta para residentes, ou como a saturación que sofren os barrios próximos a estas zonas verdes.


Esquerda Unida Compostela critica ao Concello por non realizar ese proceso de diálogo, de participación e planificación co tecido veciñal dos barrios para debater as mellores opcións. A nosa organización agarda que, perante o aumento de censo, se realicen as xestións pertinentes para evitar posibles fraudes, tal como anunciou a responsable de seguridade cidadá, Álvarez Santullano.


Desde EU Compostela insistimos en que cómpre reducir de forma drástica o tráfico rodado na cidade. Por iso, esiximos, unha vez máis, a elaboración dun Plan Global de Mobilidade sustentable económica e medioambientalmente, que conte coa participación cidadá. Mais, mentres non se acade esa redución, debido á mala xestión do PSdG-BNG, o Concello debe procurar un fomento, eficaz e eficiente, do uso dos aparcadoiros disuasorios e evitar o lucro que xeran os aparcadoiros subterráneos a costa dos traballadores e traballadoras, regulando as concesións outorgadas a empresas privadas, sendo o obxectivo final que a titularidade e xestión destes aparcadoiros sexa pública.

No hay comentarios: