ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA LAMENTA A ACTITUDE DO EQUIPO DE GOBERNO ANTE AS PREGUNTAS QUE LLE REALIZAMOS .
O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA ESIXE O RESPETO QUE SE DEBE Á AFILIACIÓN DE EU E AS PERSOAS QUE DEPOSITAN A SÚA CONFIANZA NESTA ORGANIZACIÓN EN CADA CONVOCATORIA ELECTORAL.
O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA ESIXE O RESPETO QUE SE DEBE Á AFILIACIÓN DE EU E AS PERSOAS QUE DEPOSITAN A SÚA CONFIANZA NESTA ORGANIZACIÓN EN CADA CONVOCATORIA ELECTORAL.
Esquerda Unida Compostela denuncia, unha vez máis, a improvisación e o total desinterés pola participación cidadá que demostran nas súas actuacións o equipo de goberno formado polo PSdG e o BNG.
Ademais do notorio incumprimento sistemático dos acordos de goberno, debemos engadir a comprobable desidia e falta de respecto que o PSdG e BNG mostran a Esquerda Unida Compostela, non atendendo as preguntas presentadas por escrito no rexistro xeral do concello de Santiago. Por desgraza sería largo de relatar as preguntas presentadas polo Consello Comarcal de EU, que como única resposta atoparon o silencio do concello, pero tralas noticias aparecidas hoxe en varios medios queremos denunciar esta actitude, como mínimo cuestionable.
Por exemplo temos que enterarnos polos veciños e veciñas, e polos medios de comunicación, de que unha empresa privada comezará o rebacheo de rúas en Fontiñas, Vite, Almáciga e parroquias do rural neste mes. Por suposto dende EU criticamos, por exemplo, a improvisación do equipo de goberno que se ve abocado a rebacheos de emerxencia, que non garante unha solución duradeira no tempo, pero o que denunciamos enerxicamente e que o pasado 17 de decembro de 2010 presentaramos unha pregunta, solicitando resposta por escrito, na que, precisamente, nos interesábamos por saber cando se levarían a cabo as xestións pertinentes para arranxar as deficiencias nos firmes das estradas na Almáciga e no resto do municipio. O silencio a Esquerda Unida foi a resposta do concello.
Proseguindo con esta lamentable actitude, temos que saber pola Asociación Veciñal do Castiñeiriño, que eles van dispoñer dun lugar de encontro no antigo colexio Ramón Cabanillas, e polos medios de comunicación de que Cantigas e Agarimos xa ten permiso para utilizar parte deste colexio. Por suposto sempre apoiaremos a utilidade pública para as instalacións do Ramón Cabanillas, pero unha vez máis, pese a ter presentada unha pregunta no rexistro do concello de Santiago de Compostela, o pasado 16 de xullo de 2010, o silencio e a resposta que o PSdG e o BNG dan a Esquerda Unida Compostela.
Dende o Consello Comarcal de EU Compostela esiximos que, de acordo co establecido na lexislación local e no Regulamento de Participación Cidadá, se responda as preguntas que presentamos posto que é, máis que evidente en moitos casos, que hai algo que contestar, non só porque sexa o correcto en cumprimento do regulamento establecido, se non porque é o mínimo respecto que unha Administración Pública lle debe a nosa afiliación e, por suposto, as persoas que depositan a súa confianza nesta organización en cada convocatoria electoral. Obviamente sería despótico e insultante que esta falta de contestación ás preguntas presentadas formalmente no rexistro xeral, se extendera as demandas feitas por calquera asociación ou por persoa a título individual, o que demostraría a opinión que o equipo de goberno ten sobre a participación cidadá, cada catro anos e sen facer moito “ruído” que molesta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario