ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA DENUNCIA O TRATO INXUSTO PARA COS TRABALLADORES DOS LOCAIS COMERCIAIS NAS RÚAS DA ANGUSTIA E HOME SANTO .
O DESENVOLVEMENTO DUN TRABALLO NAS RÚAS EN CUESTIÓN DEBE SER CONDICIÓN PARA PODER APARCAR NAS ZONAS VERDES.
O DESENVOLVEMENTO DUN TRABALLO NAS RÚAS EN CUESTIÓN DEBE SER CONDICIÓN PARA PODER APARCAR NAS ZONAS VERDES.
Esquerda Unida Compostela recibiu queixas por parte de xentes traballadoras das rúas da Angustia e Home Santo porque non se lles concede a traballadores e propietarios dos locais comerciais autorización para facer uso das prazas destinadas a residentes, as chamadas zonas verdes.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida entende que a zona verde para residentes pode ser unha necesidade, pero non entende que na concesión das tarxetas se poida obrar con criterios inxustos, que están indignando, de forma innecesaria por evitable non só as persoas que son traballadoras ou donas dun local comercial, senón aos propios veciños e veciñas, que entenden que a vida comercial dinamiza a vida dos barrios .
As persoas que realizan un traballo en locais comerciais durante boa parte do día teñen que ser considerados a efectos prácticos residentes. Tendo en conta as enormes dificultades que xa pasan moitos dos pequenos comerciantes debido á crise, non é de recibo que o Concello aumente ditas dificultades.
Demóstrase algo que xa denunciamos con anterioridade, o Concello falla na política informativa e participativa. Estes feitos non se terían producido de existir unha política de diálogo seria e verdadeira por parte do Concello. Amosamos o noso apoio ás demandas dos comerciantes
Esquerda Unida Compostela esixe que o Concello rectifique a súa postura e conceda autorización para que as persoas que traballan nesas rúas, sendo en frecuentes ocasións, donas do local comercial, podan facer uso das zonas verdes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario