viernes, 16 de mayo de 2014

Moción polo Día contra a LGTBIfobia



O 17 de maio celébrase o Día Internacional contra a LGTBIfobia, é dicir, un día de loita contra a discriminación por motivos de orientación sexual e identidade de xénero. Por desgraza a LGTBIfobia persiste na nosa sociedade, mostrándose con moitas e diversas caras. A discriminación exercida contra lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais é violencia e como tal debe ser denunciada e condenada enérxicamente tanto pola sociedade, como polos propios poderes públicos.

O Estado Español ofrece unha realidade paradoxal a aquelas persoas que coas súas vidas desbordan a “normalidade” acerca da vivencia do xénero ou a orientación sexual. O Estado Español, por unha banda, é considerado un dos países máis avanzados en igualdade real da UE, neste sentido, é certo que demos algúns pasos en positivo. Pero, doutra banda, queda moito traballo por facer:

Non queremos ser un país preocupado únicamente por liderar rankings económicos, pero no que á súa vez se sigan suicidando vítimas de bullying LGTBIfóbico; no que a medicina sígase guiando por convencións como o Diagnostic and Statistical Manual of Mental Disorders (DSM) e a Clasificación Internacional de Enfermidades (CIE) que aínda patoloxizan a transexualidad como disforia de xénero; no que ás lesbianas e ás bisexuais prívellas do seu dereito a acceder a tratamentos públicos de reprodución asistida, continúellas invisibilizando nos protocolos xinecolóxicos e na sociedade debido ao sistema heteropatriarcal que nos oprime; no que persista un exercicio impune da violencia nas rúas, nas aulas e nos centros de emprego por motivos de orientación sexual ou vivencia do xénero non normativo.

viernes, 9 de mayo de 2014

Comercio Xusto



O CONSELLO COMARCAL  DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REITERA O SEU COMPROMISO EN DEFENSA DA COMERCIO XUSTO.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DEMANDA QUE O CONCELLO PROMOVA ALTERNATIVA E SE COMPROMETA A CONSUMIR RESPONSABLEMETNE

Para o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela é necesario que o Concello se involucre na defensa e promoción do Comercio Xusto

O Día Mundial do Comercio Xusto, que se celebra en máis de 50 países, e en España en máis de 60 localidades, é un día para reivindicar políticas comerciais máis xustas e alternativas de consumo e produción que respecten os dereitos das persoas e do medio ambiente. Existen alternativas ao sistema capitalista imperante abusivo e especulativo en todas as cidades galegas que as administracións públicas e os nosos gobernos deberían apoiar e difundir.

É a obriga dous nosos gobernos , sobre todos dous que temos máis preto, como é o caso do Concello de Santiago , apoiar e difundir iniciativas vinculadas a economía solidaria para promover a xustiza social e a solidariedade dos galegos e galegas con outros pobos do mundo e dos propios galegos e gales entre si. A banca ética, as cooperativas de consumo e produción, as tendas de comercio xusto,... son alternativas reais de consumo e produción que existen na nosa cidade e deben ser apoiadas dende as administracións locais.

martes, 6 de mayo de 2014

Pregunta garantir dereito á vivenda e alimentación



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela defende que o Concello, e calquera Administración Pública, leve a cabo, dende a titularidade e xestión pública, os servizos necesarios para garantir o benestar da cidadanía.

Por suposto o Concello, como calquera Administración Pública, ten a obriga de colaborar no que sexa posible e necesario coa sociedade, que organizada en asociacións, ONGs ou o a forma xurídica que considere oportuna, tamén traballa en asuntos sociais co fin de garantir a xustiza e igualdade.

Por exemplo é obvio que o Albergue Xoán XXIII, como contrastamos tras reunirnos con eles, fan unha labor, por desgraza, moi necesaria, e por suposto o Concello debe colaborar con esta institución. Pero a administración local ten a obriga de prestar o servizo, de titularidade e xestión pública, que cubra a demanda das veciñas e veciños sen vivenda na que vivir. Por iso propuxeramos que se creara a o Servizo Municipal de Atención Integral a Persoas sen Fogar.

martes, 29 de abril de 2014

Apoio concentración no INEM



O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA APOIA A MOBILIZACIÓN DAS MARCHAS DA DIGNIDADE DESTE MÉRCORES ÁS 12:30H DIANTE DA OFICINA DO INEM DA RÚA RAMÓN PIÑEIRO

PARA O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA OS ÚLTIMOS DATOS DO DESEMPREGO DEMOSTRAN QUE A MOBILIZACIÓN É HOXE MÁIS NECESARIA QUE NUNCA

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela sempre defenderá e loitará por garantir os dereitos da clase traballadora.

O pasado 22 de marzo demostrouse que só o pobo defende ao pobo e que a situación que está a vivir a poboación é insostible. Nesa mobilización, exemplo de unidade de loita e cunha gran participación galega na mesma, berrouse que seguiamos indignadas e indignados e que esiximos un cambo de rumbo radical deste mundo, esiximos a caída deste réxime corrupto e represor.

As Marchas da Dignidade nunca foron pensadas coma algo momentáneo, senón que sempre se organizaron como un movemento de longa duración, algo que xa é unha realidade. Como demostra a Asemblea Nacional da Marcha da Dignidade Galega o pasado 26 de abril en Oza, no que se decidiron as seguintes accións a levar a cabo.

viernes, 25 de abril de 2014

Visibilidade lésbica



Dende o ano 2008, o movemento LGTBI reivindica o día 26 de Abril como o día da Visibilidade Lésbica. Este día xurdiu pola necesidade social de que a realidade das lesbianas se fixera presente con forza na sociedade e poder así romper cos prexuízos, o descoñecemento e a invisibilidade que sufría este colectivo.

Os avances logrados nestes últimos anos grazas á loita de toda a comunidade LGTBI son moitos, logros que posibilitaron que se equiparen legalmente co resto da cidadanía. Sen embargo, a igualdade social real aínda está por conquistar.

Dentro o colectivo LGTBI, as lesbianas continúan vivindo unha invisibilidade social, froito da dobre discriminación que sofren: Por un lado son mulleres, e como tales nun sistema patriarcal e misóxino quedan relegadas a un segundo plano, a un ámbito privado mentres que o masculino ocupa espacios públicos e relevantes. E por outro lado, porque como lesbianas seguen uns cánones sexuais non establecidos como “normais”, vivindo a súa sexualidade ao marxe dos homes, fóra das fronteiras do sistema patriarcal. Para eliminar esta discriminación, froito da lesbofobia e do machismo do sistema, é necesario seguir traballando na consecución da igualdade real, nas rúas e nas institucións.

martes, 15 de abril de 2014

"Republicanizar" o futuro, escrito de Sofía Díaz polo 14 de Abril



"REPUBLICANIZAR" O FUTURO.

Hoxe é un bo día para que fagamos un chamamento á sociedade en xeral, todas as persoas que, desde posicións de movilización e de rexeneración democrática, vemos a necesidade dunha ruptura co modelo saído da transición e apostamos por unha sociedade nova, que supoña o fin deste réxime caduco, por  monárquico, bipartidista, neoliberal, heteropatriarcal e corrupto, carente de democracia, esgotado no seu funcionamento e que non quere nin pode dar resposta ás necesidades da cidadanía.

Esa sociedade nova será republicana, federal, laica, participativa, solidaria, feminista, cun claro compoñente social, con respeto e recoñecemento non só da perspectiva de xénero, senón tamén con perspectiva da diversidade social (persoas migrantes, persoas LGTBI,…) respeto e recoñecemento tamén da identidade dos pobos e o seu dereito a decidir.

Nesa República o poder no social será tan importante como o poder no político. A conciencia cívica, a organización social, a presión reivindicativa serán fundamentales no proceso constituinte republicano. Nese sentido, porque todo está conectado, aí estivemos nas Marchas da Dignidade do 22 de marzo, posicionando a República como alternativa de poder social e político.

Verbas de Abuín a Machado




DON ANTONIO

Ai don Antonio, don Antonio,
foi vostede portador de todos os dons que dignifican, de todos:
do don da palabra álxida,
do don de ser feliz co exiguo,
do don do decoro moral,
do don da filantropía...
e a maiores corrían polas súas venas pingas de sangue xacobina, como vostede mesmo dixo á hora de describirse.

E que mal pago lle deu o mundo, don Antonio, co que o mundo lle debía. O mundo non o merecía, don Antonio, o mundo non o merecía. Non, o mundo non o merecía. Pero os descalzos do mundo, todos os descalzos do mundo, si. Porque ben sabemos nós que o nicho que agora ocupa no adusto cemiterio de Collioure é desde a tarde do 22 de febreiro de 1939 un anaco da lexítima patria de todos os descalzos de todos os países. Que o saiba, don Antonio, que o saiba.

lunes, 14 de abril de 2014

Verbas de Xesús Redondo Abuín polo 14 de Abril



¡SEMPRE REPÚBLICA!

A barbarie que o 18 de xullo de 1936 se alzou en armas contra a forza da palabra di agora que o mellor é esquecelo todo. Non recordar. Porque nos dous bandos houbo, din, atrocidades. Certo. Pero esa certeza non é toda a verdade. Falta dicir que o 16 de febreiro de 1936 o Frente Popular gañou coa forza da palabra 52 deputados máis que a suma dos deputados que gañou o Frente de Dereitas. E que o Frente de Dereitas gañou 52 deputados menos que o Frente Popular. E que eles foron os que non acataron o resultado. E que foi desde esa derrota democrática que non acataron desde a que os capataces armados do Frente de Dereitas fixo correr o sangue a cántaros por todos os pobos de España. Esa é a diferenza entre o veraz e o falso. Logo entonces está ben claro: un dos bandos cometeu as atrocidades que cometeu defendendo lexitimamente a legalidade republicana e o outro cometeunas contra toda lexitimidade. E aínda hai outra razón colosal a constatar, esta é, aquí está: desde que o bando vencedor anunciou que o bando vencido estaba cativo e desarmado, desde que proclamaron que a guerra estaba terminada, os envorcados ó exilio foron medio millón, os paseados e os fusilados foron 200.000 e 3.000.000 os comestos pola tuberculose e a friaxe de xulgado en xulgado e de cárcere en cárcere. Son miles os que aínda hoxe non se sabe onde foron debruzados ó nunca máis ¡Gloria a todos aqueles e a todas aquelas que preferiron morrer de pé a vivir unha vida de gando!

Homenaxe de Xabier Ron á República



A RADIO PIRENAICA, A ÚNICA RADIO SEN CENSURA NA ESPAÑA DE FRANCO

Cada 14 de abril a República volve con máis forza. Porque sempre está en nós. Memoria viva dos vencidos e vencidas, dos milleiros de persoas que desapareceron baixo a forza asasina dos golpistas de Franco, dos que loitaron sen repouso para derrotalo.

Hoxe, a nosa homenaxe érguese coa Radio Pirenaica, a única radio sen censura durante a ditadura franquista, que desafiaba a Franco e que, desde a clandestinidade, loitaba pola verdade, pola xustiza, pola democracia.

A Radio Pirenaica foi fundada polo PCE para ser soporte da loita dos e das camaradas contra Franco. Mais convertéuse en voz da loita pola democracia. A Radio Pirenaica era a radio da verdade fronte á Radio da Mentira que era Radio Nacional de España.