O CONSELLO COMARCAL DE
ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CONSIDERA NECESARIA A DIMISIÓN DE CONDE ROA, MAIS O
PROBLEMA NON É UNHA PERSOA SENÓN AS POLÍTICAS NEOLIBERAIS DO PP
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considerara que Conde Roa
quedaba inhabilitado politicamente como Alcalde para rexer con ética e moral ao
Concello de Santiago, polo que consideramos o seu anuncio de dimisión como
necesario.
Mais desexamos ratificar que os problemas da nosa cidade non parten da
imputación por fraude do seu ex-alcalde (do que, estando na oposición eran moi
visibles os seus defectos para ser o noso alcalde), sendo isto moi grave, senón
que son as políticas neoliberais, comezadas polo PSOE, que agora continúa e
acentúa o PP, e que son as que liquidan o xa de por si delicado estado de
benestar que tiñamos.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela non entende a política
como actuacións personalistas carentes dunha ideoloxía, e feitas dende a
individualidade, senón como estratexias programáticas que emanan dun traballo
colectivo ante a afiliación da organización política e a sociedade.
Por iso non cremos que a necesaria dimisión de Conde Roa solucione nada,
sendo grave, moi grave a imputación por fraude cometida nas súas actuacións
privadas, o peor para a cidade son as actuacións que até o de agora levou a
cabo na cidade, co respaldo total e absoluto do PP, tanto local como galego.
No foi Conde Roa, senón o PP, quen transforma unha débeda con provedores
nunha débeda bancaria supeditada a intereses, e por riba sustentada nun plan de
axuste que hipoteca as posibles actuacións de futuras corporacións municipais.
Non foi Conde Roa, senón o PP, quen leva unha política urbanística
errática, con so dúas actuacións de relevancia no que vai de lexislatura,
liquidar EMUVISSA, que se ben tiña un funcionamento claramente deficitario, é
mellor que deixar a planificación urbanística en mans privadas, como se ve
claramente nesa segunda actuación de relevancia que consiste en edificar pisos
de luxo na Finca do Espiño, en lugar, a pesar de ser moi mellorable, de
efectuar a residencia de maiores proxectada.
Non foi Conde Roa, senón o PP, o que tanto a nivel local como galego,
mostra un comportamento totalitario e de censura perante a a cultura que non
lle gusta ou que o critica, basta con recordar o lamentable espectáculo
ofrecido con Leo Bassi.
Habería moito que seguir criticando sobre a política neoliberal do PP, non
só de Conde Roa, que sen lugar a dúbidas está a afectar ao benestar dos veciños
e veciñas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario