O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera que o Concello,
como Administración Pública máis próxima á cidadanía, debe velar por garantir o
dereito constitucional a unha vivenda digna.
Razón pola cal xa presentamos, para a súa toma en consideración no Pleno,
unha moción pedindo a instauración de axudas no pago da hipoteca para evitar
que persoas en risco de exclusión social perdan a súa vivenda, e tamén unha
moción reclamando a creación dunha axencia pública municipal de aluguer social.
Como é máis que obvio padecemos unha crise económica, coas consecuencias do
desemprego e precaridade laboral, que fai que moitos traballadores e
traballadoras da nosa cidade teñan dificultade para facer fronte ós diversos
gastos que teñen mensuais, que fan imposible, nunha cidade con moitos edificios
que superan os 40 anos, realizar necesarios arranxos nas vivendas xa sexan de
albañilería, carpintería, electricidade, pintura ou fontanería..
Sendo en moitos casos imposible recorrer ó crédito nos bancos, é necesario
que, mediante o debate pertinente cos diferentes colectivos da cidade, se
establezan os medios necesarios e partida orzamentaria pertinente, para que, xa
sexa mediante axudas, subvención, microcréditos ou o que se decida, ás familias
poidan facer fronte a eses arranxos que a súa vivenda precisa, cumprindo os
requisitos que se esixan.
Por suposto, sen ser o importante desta medida, tamén pode colaborar en
activar a economía local ó poder ser un requisito desta medida a de que sexan
as empresas pequenas do municipio e o comercio local que lles abastece, os
encargados de prestar este servizo á cidadanía
Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao
Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro.- Que o Pleno do concello de Santiago tome
as medidas necesarias para creación, mediante o debate pertinente, das axudas para
Reformas Urxentes en Vivendas do Concello
No hay comentarios:
Publicar un comentario