PLAN DE AXUSTE = SUBA DE
IMPOSTOS + RECORTES NO PERSOAL DO CONCELLO
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera que o plan de
Axuste aprobado polo goberno do Partido Popular para pagar o préstamo, máis os
xuros derivados, solicitado á banca para facer fronte as facturas impagadas aos
provedores por unha contía de 15 millóns de euros, recae nunha suba dos
impostos á veciñanza de Compostela e en recortes aos empregados municipais.
Con este plan de axuste o PP hipoteca o futuro dos composteláns e
compostelás para os vindeiros 10 anos, cunha suba de impostos, especialmente do
IBI, taxas e prezos públicos, de ata un 16%, dificultando aínda máis a xa
complicada situación da cidadanía de Santiago.
Outras medidas na área de ingresos son potenciar a inspección tributaria e
reforzar a eficacia da recadación firmando convenios de colaboración co Estado
ou coas Comunidades Autónomas. Todas estas medidas aumentarán a presión fiscal
sobre os contribuíntes, que nos próximos anos terán que pagar ata 8 millóns de
euros máis.
Na área de gastos os prexudicados son os empregados do Concello, véndose
recortadas as partidas do persoal até polo menos o 2022. Eliminaranse postos de
traballo e non se sacarán a convocatoria o 50% das prazas dos funcionarios xubilados. Ademais os empregados municipais sufrirán
tamén recortes en áreas coma acción social, formación ou produtividade.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela non comparte este plan de
axuste aprobado polo Partido Popular no que todas as medidas recaen sobre a
veciñanza e sobre os funcionarios.
Solicitamos que o goberno sexa transparente na súa xestión, que se acheguen
os datos da situación económica real do noso Concello e da súa xestión durante
o ano 2011. A estas alturas aínda non sabemos a que se deben e que data teñen
estas facturas impagadas cos provedores. Protestamos contra este escurantismo
que está a ser sinal de identidade do actual goberno.
Dende Esquerda Unida Compostela estamos seguros de que se podían buscar
outras solucións que evitaran o recurso fácil da suba de impostos que rematan
pagando sempre os mesmos. Botamos de menos que a actual administración non
realizara un esforzo para que os recursos para pagar a débeda sairán doutras
áreas. Podíanse recortar e axustar outro tipo de gastos menos necesarios que os
de persoal, como por exemplo reducindo cargos de confianza política, recortando
subvencións ou renegociando contratos en
vigor. Nembargantes decidiuse que foran os empregados públicos e os petos dos
veciños/as de Santiago, onde moitas familias teñen severas dificultades para
chegar a finais de mes, os que soportarán as débedas do Concello.
2 comentarios:
Menos retórica y más trabajar por los derechos de los trabajadores. Mucho hablar y luego os juntais con los sinvergüenzas del ERE:
http://www.publico.es/espana/429970/psoe-e-iu-cierran-un-pacto-para-forjar-un-gobierno-estable-en-andalucia
Comentarios de la web:
Grave error, solo tenían que haber permitido la investidura y pasar a la oposición.
Entrar en un hipotético gobierno con los corruptos del PSOE sería la muerte de IU. No los hemos votado para que se hipotequen al PSOE. Sabemos quienes son y que no tienen remedio. Como mucho, apoyo a la investidura con condiciones (tesis de Anguita) y trabajar desde la oposición.
Queridos Valderas, Centella, etc., por favor, respeto a los electores y simpatizantes.
Sanchez Gordillo mandalos al carajo a esta panda de VIVIDORES de IU.
Es mas necesario que nunca un FRENTE DE IZQUIERDAS ANTICAPITALISTA.
"...la más que posible alianza de IU con el PSOE andaluz, sea mediante pactos de gobierno o de legislatura, puede significar el abrazo del oso definitivo de los social-liberales a la coalición socialdemócrata.
Boas.
Grazas polas túas valoracións, en Santiago, dende as nosas posibilidades, ademais da tese practicamos a praxe.
No tocante ós compañeiros de Andalucía, serán os afiliados e afiliadas os que decidan, o día 24 se non me trabuco, que fará a federación andaluza de IU.
Un saúdo
Publicar un comentario