O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA ESIXE UNHA SOLUCIÓN PARA AS
FAMILIAS AFECTADAS POLA MALA XESTIÓN DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN COA CASA DO
NENO DE SAN LÁZARO.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA REQUIRE AO GOBERNO LOCAL QUE DEFENDA OS DEREITOS
DA CIDADANÍA COMPOSTELÁ ANTE A QUEBRA DO DEREITO A UNHA EDUCACIÓN PÚBLICA
INTEGRAL
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
considera labor fundamental do Concello prestar ou velar porque se presten
correctamente os servizos públicos que a cidadanía demanda.
Por tal motivo esiximos ao goberno local do
Partido Popular que leve a cabo as xestións necesarias de intermediación coa
Consellería de Educación para atopar, o antes posible, unha solución que
satisfaga as demandas dos veciños e veciñas afectadas polo inepta xestión da
Xunta no relativo o centro concertado coñecido como Casa do Neno.
É inadmisible que, incumprindo coa súa obriga, a
Consellería de Educación simplemente recoñeza un erro, e pola súa neglixente
actuación 18 nenas e nenos da nosa cidade, se vexan na obriga de seren
dispersados por diferentes centros da cidade, en vez de facelo no centro
(Colexio de Fontiñas) que as familias consideraban ía ser o do curso que vén en
función do acordo de adscrición asinado pola Consellería de Educación..
Cómpre facer todo o posible para garantir o
dereito a unha educación pública de calidade integral para garantir a
conciliación do traballo e vida persoal destas familias.
É necesario que por unha vez o equipo de goberno
de Currás acometa o seu deber, e esixa da Xunta de Galicia en xeral, e do
presidente Feijóo en particular unha solución debatida e consensuada coas
familias afectas, e por unha vez non deixe que o seu partido político abafe
social e economicamente a Santiago, pois esta actuación non é a primeira que
claramente prexudica os intereses xerais dos veciños e veciñas.
Cómpre destacar, entre moitas actuación lesivas da
Xunta do PP cara a cidadanía de Santiago, a venta dun piso que, con vontade
política de servizo público, podíase haber utilizado para prestar un servizo
público como, por exemplo, residencia temporal para persoas desafiuzadas ou
residencia para persoas universitarias que acrediten a necesidade dun aluguer
social para continuar os seus estudos.
E máis recentemente, co amparo do silencio do PP
local a esta medida, a Xunta de Galicia acometeu o pérfido ataque ao dereito á
saúde das veciñas e veciños, ao levar a cabo o peche dos servizos públicos de
valoración de dependencia e discapacidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario