viernes, 8 de marzo de 2013

Comunicado polo 8 de Marzo



A MULLER FONTE DE RIQUEZA

Este 8 de marzo, a Área Activa da Muller de EU en Compostela, quere poñer en valor á muller como fonte de riqueza.

Desde distintos estamentos, incluídas as administracións públicas transmítennos a idea de que a muller accede a educación e o traballo fora do ámbito doméstico como consecuencia da existencia do estado de benestar, sen embargo, a realidade é que dito estado de benestar alcanzouse grazas a incorporación da muller ó mercado laboral.

Estímase que se a taxa de emprego entre homes e mulleres se equiparase, produciríase unha gran mellora económica, tanto nos países desenvolvidos como nos países emerxentes; de feito, incluso danse cifras concretas e establécese que o PIB dos Estados Unidos aumentaría ata un 9%; o da eurozona un 13% e o de Xapón nun 16%. Polo tanto, as políticas para a incorporación da muller no mercado laboral en pé de igualdade cos homes, non só beneficiaría ás mulleres como colectivo, senón a sociedade en todo o seu conxunto.

NON A DISCRIMINACIÓN SALARIAL

Necesítanse medidas reais e efectivas para finalizar cas inescusables diferenzas salariais entre homes e mulleres; que unha parte da poboación polo mesmo traballo perciba unha retribución menor e que dita diferenza non teña outra razón de ser que a do sexo do traballador é unha práctica que debe de ser firmemente atallada a través de campañas que detecten e corrixan a presenza da discriminación salarial nas empresas. Un soldo inferior implica unha cotización inferior a Seguridade Social que aboca as mulleres a ter unas peores prestacións futuras.

CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA: EDUCACIÓN

Dende EU reiteramos a necesidade de rematar coa lacra da violencia machista; as medidas de protección ás vítimas son un paliativo pero non unha cura deste mal endémico; a orixe de dita violencia está no machismo enraizado na nosa cultura e o único arma para acabar con el e a educación; tódalas administracións públicas deben de levar a cabo programas educativos nos colexios e institutos para plantar a semente da igualdade nos que constitúen o noso futuro, non deixará de haber violencia machista mentres existan machistas.

NON Á TRATA DE PERSOAS

A prostitución é unha vulneración dos dereitos humanos das persoas que se atopan en dita situación. O estado de dereito debe de poñer tódolos recursos ó seu alcance para apoiar ás vítimas da trata de persoas. ¡Sensibilicémonos!, a explotación sexual non é legalizable nin tolerable.

EU Compostela en xeral e a súa Área Activa da Muller en particular non descansan na consecución da igualdade e abre as súas portas a todos aqueles que compartan o mesmo obxectivo. SEN IGUALDADE NON HAI DEMOCRACIA.

No hay comentarios: