Esquerda Unida é un
partido político legalmente constituído e amparado polo artigo 6 da
Constitución Española, que di que os partidos políticos expresan o pluralismo
político, concorren á formación da vontade popular e son instrumento
fundamental para a participación política.
A súa creación e o
exercicio da súa actividade son libres dentro do respecto á Constitución e a Lei. A súa estrutura interna e funcionamento son
democráticos.
Que neste senso, Esquerda
Unida constituíu un Consello Comarcal en Compostela, para o desenvolvemento da
súa actividade política na comarca. E que tal órgano decidiu que, como parte do
traballo municipal da organización, acudise un representante seu aos Plenos do
Concello, para exercer a súa actividade política respecto a este.
Que o artigo 9 da Lei
Orgánica dos Partidos Políticos, establécese que “os partidos exercerán
libremente as súas actividades”.
Que dende novembro de 2011
esta actividade víñase realizando correctamente, ao poder acudir aos Plenos do
Concello de Santiago cumprindo co requisito de entregar o nº de DNI á policía
local na entrada do Concello minutos antes do comezo da sesión plenaria, e sen
maiores xestións ou atrancos.
Que nos últimos Plenos
esta situación mudou completamente, o impedir de xeito sistemático a asistencia
ás sesións plenaria ao representante do Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela.
Que esta actitude do
Goberno do Concello vai en contra da súa propia normativa respecto a participación
cidadá que di no Regulamento de
participación cidadá aprobado por acordo plenario do 4 de decembro de 1998 e
publicado no BOP de A Coruña o 9 de xaneiro de 1999, no seu artigo 7:
1.-As sesións do pleno son
públicas, agás nos casos previstos no artigo 70.1 da Lei reguladora das Bases
de Réxime Local, e 253 da Lei de Administración Local de Galicia. Facilitarase
a asistencia ou información simultánea de todo o público interesado en
coñece-lo desenvolvemento das sesións, a través dos medios máis adecuados ó
caso.
Remitindo o mesmo a Lei
7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local que no artigo 70.1 que di:
1. As sesións
do Pleno das corporacións locais son públicas. No obstante, poderán ser
secretos o debate e votación de aqueles asuntos que poidan afectar o dereito
fundamental dos cidadáns a que se refire o artigo 18.1 da
Constitución, cando así se acorde por maioría
absoluta.
E tamén a Lei de
Administración Local de Galicia, que dentro da sección segunda sobre
Participación Cidadá, di no seu artigo 253:
1. As sesións
do Pleno das Corporacións Locais serán públicas. Sen embargo, poderán ser
secretos o debate e a votación de aqueles asuntos que poidan afectar o dereito
fundamental dos cidadáns a que se refire o artigo 18.1 da
Constitución, cando así sexa acordado por maioría
absoluta. Non serán públicas, sen embargo, as sesións das comisións de
goberno.
Que a última prohibición
de acceso ao Pleno do Concello, público e aberto a cidadanía, deuse o pasado
xoves 21 de marzo de 2013, cando tres policías locais con número de placa
259076, 259111 e 259186 impediron ao noso representante, Vicente Vázquez Freire
con DNI 44827095A, o acceso ao salón onde se levaba a cabo a sesión plenaria do
Concello de Santiago.
Que nese mesmo día,
momentos antes, a concelleira Reyes Leis e o concelleiro Luis Bello deixaron
pasar a persoas de outros colectivos ao Pleno sen permitir o acceso do noso
representante que se personou con anterioridade ante a porta do Pleno para
poder acceder ao mesmo.
Que con esta actitude de
impedir o acceso aos Plenos do concello a un representante da nosa organización
política estase a vulnerar o noso dereito constitucional ao exercicio libre da
nosa actividade política.
Por estes motivos, e dado
que representamos a unha organización política con forte respaldo social tanto
a nivel estatal, autonómico e local, que nas últimas eleccións municipais obtivo
o respaldo de 1906 persoas.
SOLICITA:
1º) Que o Concello
certifique por escrito que os policías locais
impediron a entrada ao Pleno do 21 de marzo de 2013 ao noso
representante Vicente Vázquez Freire por decisión do presidente do pleno o
señor Alcalde. E os motivos polos que este tomou esta decisión.
2º) Que se certifique o
motivo da preferencia de entrada das persoas que si puideron entrar á sesión
plenaria en lugar do noso representante, que debidamente pediu acreditarse para
poder entrar sen que esta petición fora tomada en consideración
No hay comentarios:
Publicar un comentario