lunes, 11 de marzo de 2013

Acto con Xabier Ron



A Área de Mocidade de Esquerda Unida lanza a campaña “defender a alegría, organizar a rabia” para chamar a atención sobre os problemas da mocidade. Estos problemas dánse en diferentes ámbitos como a educación, traballo, rural, etc. Por isto, esta campaña terá unha duración de varios meses, no que cada mes será adicado a un tema determinado.

Este mes de marzo está adicado á educación. Mentres que o neoliberalismo busca salvar os bancos, o sistema da educación pública pasa polos seus peores momentos. A austeridade do goberno está a precarizar todos os nivéis da educación, unha austeridade que, ademais de estar imposta pola Troika, son medidas de carácter ideolóxico.

É por isto polo que pensamos que informar ao estudantado é algo primordial, polo que unha das actividades que levaremos a cabo neste mes será dar unha charla sobre o SUG (Sistema Universitario Galego) hoxe, día 11 de marzo, ás 19:30h na Facultade de Ciencias Políticas da USC na que participarán o deputado por AGE (Alternativa Galega de Esquerda) Xabier Ron e o coordinador nacional da Área de Mocidade de EU, Jorge Crego.

Así, quedan convidados a este acto onde haberá espazo a preguntas do público sobre a temática en si. Seguiremos convidándoos a medida que haxa se acheguen as actividades.

No hay comentarios: