O Consello Comarcal
de Esquerda Unida Compostela defende que unha das labores fundamentais de
calquera goberno local é a de ofrecer ou velar porque se ofrezan servizos, de
titularidade e xestión pública, que satisfagan as necesidades da cidadanía.
Como defensores e
loitadores por unha educación de titularidade e xestión pública, e por suposto
de calidade e gratuíta, apoiamos medidas que se acometan para a mellorar, por
exemplo, os estudos universitarios que se prestan na nosa cidade, como sería a
nova facultade de medicina acorde as necesidades de aprendizaxe que hoxe en día
precisa o alumnado.
Pero consideramos
inaceptable que para tal fin, tanto a USC como o Concello se alíen para que os
terreos do antigo Hospital en Galeras, agora cun uso residencial comunitario, se
recalifiquen a uso residencial ou comercial, o que perpetuaría a especulación
urbanística, unha das causantes desta crise-estafa, como sistema de
financiamento para as arcas públicas, de nefasto resultado coas consecuencias que
agora padece a maioría social.
O Consello Comarcal
de Esquerda Unida Compostela, tal e como xa expresáramos nunha pregunta
debidamente rexistrada o pasado 7 de outubro de 2011, desexamos que estas
instalacións sexan utilizadas para ofrecer os servizos públicos que a cidadanía
demanda.
Por exemplo, tal e
como expresamos nun comunicado feito público en xuño de 2011, creemos
necesario, que tralo pertinente debate cidadá, estas instalacións podíanse
utilizar como residencia para persoa maiores, cubrindo unha necesidade cada vez
maior tanto neste como nos concello limítrofes
Tamén, como xa
expuxeramos, dada a ubicación próxima a ambos campus universitarios, poderíase
estudar a súa adecuación como residencia universitaria, dado que sería un
proxecto que beneficiaria a familias de toda Galicia, que para facilitar os
estudos universitarios dos seus fillos e fillas vense abocadas o gravoso gasto
que supón o aluguer nesta cidade
Por todo isto o
Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de
Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro. Que os terreos do antigo Hospital en
Galeras continúen co seu uso de residencial comunitario.
Segundo. Que mediante o pertinente debate
cidadá se faga un estudo das distintas utilidades públicas que se lle poden dar
a esta instalación
Terceiro. Que o Concello faga as xestións
pertinentes coa USC para que se utilice o antigo Hospital de Galeras para a
utilidade pública decidida tralo debate cidadá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario