O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA
COMPOSTELA REÚNESE CON REPRESENTANTES DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO
SANTIAGO-BARBANZA.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA REITERA O SEU COMPROMISO NA LOITA POR MANTER
OU RECUPERAR OS DEREITOS LABORAIS E SOCIAIS ATACADOS NESTA CRISE-ESTAFA.
Os representantes do Consello Comarcal de Esquerda
Unida Compostela, Vicente Vázquez e Alexandre Vila, e o militante Pablo Nieves
mantiveron unha xuntanza con representantes de CCOO en Santiago.
Durante a xuntanza acreditouse o ataque e recorte aos
dereitos laborais e sociais que, baixo a escusa da crise-estafa que padecemos,
se está a levar a cabo mediante as políticas neoliberais causantes de que a
maioría social sufra o austericido ao que a troica nos está a abocar.
Un dos temas tratados nesta xuntanza foi o Decreto
Lei 8/2013 que, se non é modificado, suporía, entre outras moitas lamentables e
inaceptables consecuencias, un novo ataque aos dereitos laborais do persoal do
Concello.
Para o Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela é urxente acometer a remunicipalización de servizos públicos privatizados,
para garantir, en primeiro lugar, que a prestación destes servizos cubra as
necesidades que a cidadanía demanda buscando o beneficio da maioría social e
non o lucro privado e, por suposto, para recuperar e fortalecer os dereitos
laborais das empregadas e empregados.
Mais isto non acontece pois, tal e como relataron
os representantes de CCOO, hai varias concesións en Santiago na que non se está
a cumprir debidamente o que se estipula nos pregos de condicións, provocando
reducións de plantillas, recortes de salariais e outras cuestións que atentan
contra os dereitos da clase traballadora.
Aquagest, Urbaser, Daviña, o aeroporto, imprentas
e, por desgraza, un longo etcétera de empresas concesionarias ou privadas que
deixaron claro que coa reforma laboral aprobada polo PP ponse en perigo a
estabilidade e seguridade laboral, como se certifica dende este luns coa
supresión de convenios colectivos polo fin da ultractividade.
Según CCOO na nosa cidade a non renovación de
convenios colectivos afectaría a máis de dúas mil persoas, como por exemplo as
traballadoras e traballadores do pequeno comercio que dende este luns perden a
defensa dos seus dereitos que supoñía o convenio colectivo vixente ata o de
agora.
Outra cuestión tratada na xuntanza foi a
necesidade de que, dentro das súas posibilidades, o Concello se implique na
loita contra o paro cumprindo, por exemplo, co pacto polo emprego asinado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario