VALORACIÓN
PLENO ORDINARIO DO 18 DE XULLO.
Proseguindo co traballo municipal o representante
do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, Vicente Vázquez Freire,
acudiu ao Pleno ordinario do mes de xullo para valorar o que alí se faga ou
diga.
En primeiro lugar consideramos inadmisible o
comentario de María Pardo sobre nacional socialismo para referirse ao BNG e
PSdeG, se non teñen medidas que debater e carecen de propostas que beneficien á
maioría social, polo menos que non insulten.
No tocante ao Pleno, apoiamos a resolución de
apoio ao pobo saharaui, mais esiximos que sexan algo máis que palabras e que se
leven a cabo medidas reais e efectivas para acadar e defender os dereitos que
se demandan.
Clara mostra da nefasta xestión do Partido Popular
é que un mes despois de aprobar os orzamentos teñan que levar a pleno unha
modificación de orzamento e unha modificación orzamentaria.
Estes puntos da orde do día tamén demostran a
ingobernabilidade que acredita a xestión do equipo de goberno de Currás, pois
tralas protestas da oposición, ao considerar que non estaban debidamente
convocados e faltaba información, o PP tivo que sometelos á convalidación para
poder debatelos grazas a súa maioría.
É inadmisible o que o Partido Popular está a facer
coa xestión económica do Concello, pois, ademais de hipotecar o futuro das
futuras corporacións, sementa dúbidas e máis dúbidas sobre as medidas que
realiza.
Outra cuestión debatida no Pleno, rexeitada polos
votos do PP, foi a proposta do BNG de creación de axudas de material escolar
destinadas ás familias que máis o precisen.
Consideramos que neste, e outros temas, o Concello
ten que prestar o servizo público de apoio económico ás veciñas e veciños que o
precisen, priorizando o gasto social fronte a actuacións cosméticas e
superfluas na cidade.
Como é habitual o Pleno rematou con varios rogos,
preguntas e mocións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario