martes, 12 de mayo de 2015

Acto Pontepedriña



MARÍA ROZAS MANIFESTA QUE OS ORZAMENTOS SON O CORAZÓN QUE DA VIDA A UNHA CIDADE DE TODAS E PARA TODAS AS PERSOAS, AS VECIÑAS E VECIÑOS CODECIDIREMOS COMO DEBE INSVESTIR O CONCELLO OS CARTOS PÚBLICOS.

COMPOSTELA ABERTA TEN PROPOSTAS, NON VACUAS PROMESAS, PARA REVITALIZAR A VIDA COLECTIVA NOS BARRIOS.


Martiño Noriega e María Rozas, xunto con Xan Duro, proseguindo cos encontros con distintos barrios da cidade, escoitaron as propostas e queixas que manifestaron as veciñas e veciños de Pontepedriña.

CA propón no seu programa recuperar os barrios para a veciñanza, é necesario dotalos de espazos públicos que faciliten a vida colectiva. Dende o parque infantil ata a mellora do CSC, Pontepedriña debe beneficiarse de medidas que colaboren a satisfacer as demandas expresadas polas veciñas e veciños.

Para María Rozas “as persoas que decidimos formar parte de CA o fixemos polo compromiso de poder facer as cousas doutra maneira, móvemos a ilusión por recuperar o Concello para a maioría social, facendo propostas concretas e posibles, non vacuas promesas”.

lunes, 11 de mayo de 2015

Acto San Xoán de Fecha



NOA MORALES SÁNCHEZ MANIFESTA O COMPROMISO DE COMPOSTELA ABERTA COAS MELLORAS QUE O RURAL DE SANTIAGO PRECISA .

A DESCENTRALIZACIÓN DOS SERVIZOS MUNICIPAIS E UN TRANSPORTE PÚBLICO EFICAZ E EFICIENTE SON EIXOS FUNDAMENTAIS DESTE COMPROMISO.


Noa Morales Sánchez, xunto con Rafa Peña, participou nun novo encontro de CA coa veciñanza do rural, nesta ocasión escoitáronse as demandas de San Xoán de Fecha.

Certificouse, unha vez máis, que as veciñas e veciños das parroquias padecen serias carencias. É inadmisible que pese a pagar por eles, cunha carga impositiva similar ás persoas que viven no centro da cidade, os servizos aos que teñen dereito non cubren as súas necesidade

Xa sexa o transporte público, saneamento ou, por exemplo, o mantemento das infraestruturas é necesario, a través da participación cidadá, acometer plans de actuacións específicos para o rural co fin de garantizar o benestar da veciñanza.

Acto en Figueiras



MARÍA ROZAS MANIFESTA QUE COMPOSTELA ABERTA PRESENTA UN EQUIPO PARA GOBERNAR, CON PERSOAS CON EXPERIENCIA PARA CADA EIDO DA XESTIÓN MUNICIPAL.

O RURAL EXISTE E CON COMPOSTELA ABERTA OUTRA FORMA DE GOBERNAR É POSIBLE, RESPETANDO OS DEREITOS DE TODAS AS VECIÑAS E VECIÑOS.


Martiño Noriega e María Rozas participaron no encontro de Compostela Aberta coa veciñanza de Figueiras, comprobando, como en anteriores encontros, o abandono que padece o rural de Santiago.

É necesario, a través da participación cidadá, elaborar plans de actuación para corrixir as deficiencias que padece a xente que vive nas parroquias. Infraestruturas, saneamento, transporte público, mantemento, internet e todo o que sexa preciso para respectar os dereitos das veciñas e veciños teñen que ser executados paulatinamente.

María Rozas expuxo que “CA presenta unha candidatura para ter un equipo de goberno ao servizo da cidadanía, debemos recuperar o Concello, temos que gañar Compostela”. Ante estes catro anos de nefasta xestión do Partido Popular “as persoas que dimos o paso de participar nestas lista encabezada por Martiño o facemos por honestidade, por compromiso, porque creemos que outra forma de gobernar é posible”

sábado, 9 de mayo de 2015

Actos en Marantes e Carballal



MARÍA ROZAS DENUNCIA A DEFICIENTE FINANCIACIÓN PARA O RURAL DE COMPOSTELA, OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS NON SATIFACEN AS DEMANDAS DAS VECIÑAS E VECIÑOS.

É NECESARIA, ENTRE OUTRAS MEDIDAS, A DESCENTRALIZACIÓN DE SERVIZOS E UN PLAN DE MOBILIDADE SUTENTABLE QUE ATENDA ÁS NECESIDADES DA VECIÑANZA.


María Rozas, xunto con Jorge Duarte e Rafa Peña, participou nos encontros de Compostela Aberta coa veciñanza de Marantes e Carballal, escoitando as distintas propostas e denuncias que dende o rural compostelá manifestan.

A descentralización de servizos, entre outras, é unha das medidas que se consideran necesarias para mellorar a realidade das parroquias. Recuperar as antigas oficinas de Enfestas na que, por exemplo, prestar servizos de asesoramento xurídico, axudaría a mellorar a situación de vida das veciñas e veciños, sentíndose parte o concello non cidadanía de segunda.

María Rozas denunciou que “os orzamentos municipais rexistran un investimento de 35,8 euros por habitante no rural, cando para a zona urbana é de 153 euros por habitante”. Acreditando a enorme diferenza na prestación de servizos que padecen as persoas que viven nas parroquias de Santiago, sendo necesario un plan de actuación que atenda as súas demandas.