***
Outra. Resulta que hai lugares -prefiro [é unha noticia persoal] obviar nomes reais- onde os pais e nais se queixan -ás veces aos equipos directivos, ás veces a quen realiza as tarefas de titoría, ás veces á persoa que leva o dpto de orientación- de que non coñecen aos seus fillos e fillas, que non poden con eles....***
Tamén resulta que hai lugares onde os pais e nais apoian por riba de todo ao seu fillo/filla...mesmo se é claramente autor/a dunha falta grave de disciplina. Defensa que exercen acusando ao profesorado...diante do propio alumnado.... contribuíndo desta forma a reducir a autoridade do profesorado e a aumentar as accións incorrectas dos seus fillos/fillas.***
E tamén hai centros nos que algún ou algunha docente, farto/a de que o chamen ao seu portal, farto/a de que o/a insulten, farto/a de ver pintadas...decide actuar e...oh! mein god! Mont Joie! Pais e nais de forma lóxica....van tamén contra el/ela... Pouco importa agora, polo menos a ninguén semella importarlle que este ou esta docente estea de baixa por depresión. Claro, será culpa del ou dela, pensará algún desaprensivo que de todo hai.***
E volvemos ao inicio desta reflexión anoxada na que silenciamos e ocultamos nomes e lugares, pero que fala de casos reais.Por iso, partimos do berce, do futuro: haberá algún caso no que o/a neno/a pase máis de 10h no centro infantil? Non debería poñerse no regulamento un tope de horas para as crianzas? Cando este neno/a pase ao colexio...as súas horas aumentarán cunha innecesaria como custosa pasantía...e se ningunha hormona desata algún sentimento de desarraigo, de desestruturación....medrará quizais de forma axeitada...quizais.
E como se suple a ausencia de horas, de conversas, de relación.....co consumismo, quizais? comprando un mp3, un ordenador persoal na habitación, un móbil???
Xa me dirán, é simplemente unha reflexión anoxada polo que vexo día a día, polo que se comenta..., pero, para rematar,
quen é o gran conciliado nesta ofrenda de horas?
De verdade me poden dicir que é a FAMILIA (entendendo por familia unión do tipo que sexa de persoas que conviven baixo un mesmo teito)? Entón, nese caso, eu, xa non entendo nada.
Dicía un filósofo, analizando a situación familiar hoxe, que ninguén está con quen debería/desexaría estar....por motivos laborais. Se seguimos así, será aínda moito peor.
A
1 comentario:
en mi opinión el sistema educativo está claramente equivocado.
creo que la tendencia debería ser a una reducción muy importante de horas lectiva. así como también una organización lógica de las materias. a mayor cantidad de horas lectivas mayor índice de fracaso escolar habrá.
por otro lado tambié nes muy grave el problema que tú apuntas de explotación laboral. creo que los partidos de izquierdas deberías a empezar de uan vez poor todas a pensar en clave de clase y no de nación, como en ocasiones veo que haceis en exceso. cualquier persona que trabaje 8 horas y no cobre a fin de mes 1000€ es un explotado, independientemente del trbajo que desempeñe. en esa situación estamos milones de personas en españa.
más pueblo y menos nación, más estado y menos patria, más ciudadanía y menos identidad nacional. en ocasiones creo que os difuminais en medio del nacionalismo, y en mi opinión el nacionalismo nunca es de izquierdas.
salud y república
Publicar un comentario