sábado, 16 de noviembre de 2013

Defensa fomento uso bicicleta



O CONSELLO COMARCAL  DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CRITICA A DESIDIA DO PARTIDO POPULAR NO FOMENTO DO USO DA BICICLETA.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA CONSIDERA NECESARIO, A TRAVÉS DA NECESARIA PARTICIPACIÓN CIDADA, A ELABORACIÓN DUN PLAN GLOBAL DE MOBILIDADE SUSTENTABLE .

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela defende camiñar cara a urxente redución do tráfico privado mentres se impulsa outros medios de transporte sustentables e respectuosos co medio ambiente.

Defendemos que, a través da participación cidadá, se elabore un Plan Global de Mobilidade Sustentable economica e medioambientalmente, no que, entre outros temas, se leve a cabo un Plan Director da Bicicleta que fomente o uso da mesma para moverse pola cidade.

Por iso o pasado 13 de xuño de 2012 manifestamos a nosa máis enérxica protesta pola supresión do servizo de aluguer de bicicletas, pois consideramos que con vontade política é posible cambiar o modelo de transporte, pero nin o PsdeG-BNG, cando gobernaron, e moito menos o PP agora, contemplaron de verdade a bicicleta coma un eficaz e ecolóxico medio de transporte

Unha medida, doada de levar a cabo, que propuxemos o 24 de abril de 2009, e necesaria para fomentar o uso da bicicleta é a instalación de aparcadoiros distribuídos pola cidade, por exemplo en todas as prazas. .

Como claramente demostra o Partido Popular, se no hai vontade política, é doado atopar banais escusas coas que xustificar que no se pode fomentar o uso da bicicleta na cidade, como por exemplo o da orografía da cidade.

Por tal motivo nunha moción, o 12 de febreiro de 2010, pedimos que se fixera todo o posible para poñer a disposición das veciñas e bicicletas eléctricas que axudan a desprazarse con moitísimo menor esforzo, polo que axudaría á súa utilización independentemente da condición física ou da orografía da cidade.

Por todo isto o Concello debe actuar. Reiteramos que cómpre contar coa participación das persoas que desexan utilizar a bicicleta como medio de transporte e elaborar, desde xa, o necesario Plan Director da Bicicleta, que permita a convivencia entre os vehículos a motor e a bici. O Concello debe traballar para incentivar realmente outro tipo de mobilidade urbana. Así poderíamos comprobar que os seus discursos sobre ecoloxismo e desenvolvemento sustentable non son mera palabrería.

No hay comentarios: