REPRESENTANTES
DO CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA
COMPOSTELA REÚNENSE CO ALBERGUE XOÁN XXIII.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA RECLAMA MAIOR APOIO DO CONCELLO A ESTA
INSTITUCIÓN E, SOBRE TODO, DEMANDA QUE CUMPRA COA SÚA OBRIGA E LEVE A CABO AS
POLÍTICAS SOCIAIS QUE SEXAN NECESARIAS.
Os membros do Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela, Sara García e Vicente Vázquez, mantiveron unha xuntanza co
representante do Centro Social “Albergue Xoán XXIII”.
Según os datos ofrecidos o albergue da servizo
anualmente a unhas 1.200 persoas, sendo a inmensa maioría varóns. Ademais de
proseguir atendendo a persoas sen fogar que se poderían calificar de
transeúntes, posto que varían con frecuencia de cidade, e incluso, da comunidade,
dende o comezo desta crise-estafa que padecemos, dende o Albergue notaron un
forte incremento de persoas residentes en Santiago que por diferentes motivos
vense na necesidade de demandar os servizos que presta esa institución.
Ademais de poder ofrecer ás persoas que o
solicitan cama e ducha, dende no albergue Xoan XXII tamén se impartes cursos de
formación, como xardinería e maquetación por exemplo, e, grazas a labor de
voluntarias e voluntarios é posible a atención médica primaria ou tamén perruquería.
Dende o Consello Comarcal de EU Compostela
consideramos moi boa, relevante e, por desgraza, necesaria a gran labor que
levan a cabo no Centro Social “Albergue Xoán XXIII”, pero esiximos ao Concello
que cumpra coa súa obriga e garanta os dereitos de toda a cidadanía prestando
os servizos sociais que a sociedade demanda.
En primeiro lugar demandamos que a Administración
Local ten que, tralo pertinente debate e participación cidadá, cumprir coa súa
obriga e levar a cabo as políticas sociais que sexan necesarias para ter unha
sociedade xusta e igualitaria. Reiteramos, por exemplo, as nosas propostas do
Servizo Municipal de Atención Integral a Persoas sen Fogar ou a proposta do
Teléfono de Emerxencias Sociais e Censo Voluntario de Persoas en Risco de
Exclusión Social.
Por suposto o Concello ten que colaborar, non
delegar, coas distintas organizacións sociais que traballan na cidade, por
exemplo, elaborando protocolos de actuacións antes os diferentes casos que se
poidan presentar. Tamén se debe estudar debidamente as aportacións económicas
que se fan a estas entidades, incrementándoas se fora necesario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario