A ÁREA DE LIBERDADE DE
EXPRESIÓN AFECTIVO-SEXUAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA COMPARTE A SUSPENSIÓN CAUTELAR
AO PROFESOR NEIRA GARCÍA
ALEAS-EU COMPOSTELA AGARDA
QUE O EXPEDIENTE ABERTO POLA USC REMATE COA EXPULSIÓN DEFINITIVA DESTE PROFESOR
Dende Aleas Esquerda Unida Compostela non podemos deixar de mostrar a nosa
perplexidade ante as declaracións lgbtifóbicas realizadas o longo do día de
onte e antonte por parte do profesor da facultade de Educación da Universidade
de Santiago de Compostela, Domingo Neira García.
Este profesor reafirmouse ante os distintos medios das súas declaracións
que o día 19 de novembro expuxo o seu alumnado no debate aberto na clase da
materia “Didáctica e profesión Docente”, sen ningún tipo de complexo. Quedamos
abraiados pola simpleza do seu pensamento científico e a súa liña de
razoamentos que o levaron a deducir “empiricamente” as súas argumentacións.
Pensamento que se resume nunha frase feita pública en declaracións o diario La
Voz de Galicia, recollidas na súa edición do día 28 de novembro de 2013, no que
este profesor ante a pregunta; “Entón non ten ningún problema cos homosexuais”,
responde cunha aseveración “sesuda”: “Non teño ningún problema mentres non me
toquen o cu.”, a continuación entre parénteses: (Ri).
Esta simple frase, dita entre “risas”, así con despreocupación, como quen deixa caer unha gracieta, é unha frase para destruír a dignidade do outro. Nesa frase o profesor resume anos de intolerancia, anos de desprezo para a loita do movemento LGTBI. Esta frase dita ante un medio público non e digna dun profesor universitario, o que fai que Domingo Neira non sexa digno de ser un profesor universitario. Esta frase reproduce estereotipos denigrantes para a comunicade LGTBI. É unha frase que quere reducir o homosexual a un individuo perigoso ante o que hai que defenderse e o ante quen hai que previrse. É unha frase que ataca, por si soa, os valores de tolerancia, os valores do respecto ao distinto. É, en resumo, propia desta época na que os movementos mais reaccionarios estanse rearmando, e están saíndo á luz, sen ningún tipo de complexo.
A Universidade de Santiago de Compostela non pode tolerar que un profesor
de profesores dos que van a transmitir valores os nenos e nenas do futuro da nosa sociedade, reproduza eses comportamentos
lgtbifóbicos, máis propios da época do franquismo que dunha democracia. E o
mais preocupante e que lle da o valor de saír de dentro da comunidade
científica, como expresión dunha seudo-investigación empírica, para ser usado
como instrumento polos movementos máis reaccionarios.
Aleas EU Compostela comparte que a Universidade de Santiago de Compostela, polas
declaracións de carácter lgtbifóbicas feitas por parte do profesor Domingo
Neira García ante os seus alumnos, e reafirmadas ante os medios públicos, como
El País, La Voz de Galicia etc, o separe de forma provisional e inminente da
docencia o profesor Domingo Neira García á espera da resolución do expediente
aberto contra este, que agardamos remate coa expulsión definitiva deste
individuo como profesor da USC.
Aleas EU Compostela considera que ditas declaracións son un atentado contra
a comunidade LGTBI, a ademais danan gravemente o prestixio docente e
investigador da Facultade de Educación e da propia USC. Domingo Neira é un
profesor que representa a un claustro de profesores, e que forma parte dunha
comunidade universitaria, a da USC, e neste caso consideramos que a liberdade
de cátedra, liberdade que Aleas EU Compostela respecta, non pode ser usada como
parapeto para eximirse da responsabilidade de difundir un pensamento contrario á
democracia e á comunidade LGTBI.
No hay comentarios:
Publicar un comentario