O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA ESIXE QUE SE PRIORICEN OS
INVESTIMENTOS OU OS GASTOS NO CONCELLO,
CONSIDERANDO URXENTE APLICAR AS POLÍTICAS SOCIAIS QUE DEMANDA A CIDADANÍA
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA CREE
NECESARIO, POR SUPOSTO, MANTER EN BOAS CONDICIÓNS OS ESPAZOS PÚBLICOS DA CIDADE
PERO SEN REALIZAR GASTOS SUPERFLUOS.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
demanda que o Concello, como servizo público que é, leve a cabo a súa labor e,
tralo pertinente debate e participación cidadá, poña en marcha as políticas
sociais que as veciñas e veciños necesitan.
Consideramos máis que evidente, tras reunirnos con
diferentes organizacións, como por exemplo a Cociña Económica ou o Albergue de
Xoán XXIII, que Santiago precisa un Concello que actúe para solucionar os
problemas desta crise-estafa que padecemos a maioría social. Por iso, entre
outras medidas, pedimos a creación dun Servizo Municipal de Atención Integral a
Persoas sen Fogar ou o Teléfono de Emerxencias Sociais e o Censo Voluntario de
Persoas en Risco de Exclusión Social.
O Consello Comarcal de EU Compostela sempre, pero
máis agora nesta crise-estafa que padecemos, esixe que a inversión ou gasto do
diñeiro público do Concello debe priorizarse en actuacións que beneficien a
maioría social.
Por tal motivo, neste momento, non consideramos
oportuno que o Partido Popular gaste 124.145 euros en remodelar a Praza de
Galicia que deberían ser investidos en aplicar políticas sociais.
Dende o Consello Comarcal de EU Compostela
tamén desexamos mostrar as nosas
reticencias a esta obra na Praza de Galicia, posto que, nin moito menos, a
consideramos o mellor lugar para albergar un parque infantil, e tamén porque
temos as nosas dúbidas de que a caseta instalada nesta praza, de escasísimo uso
na actualidade, vaia a telo na nova localización
prevista detrás do Parlamento, esta situación debería
mudar e porse ao servizo das compostelás e composteláns .
Por suposto, tal e como manifestamos despois de
reunirnos coa AVV Raigame do Ensanche, consideramos necesario un plan de
actuación na Praza de Vigo que acometa as obras necesarias de mellora que este
espazo público necesita, pero unha cousa é o necesario mantemento dun espazo
público e outra ben distinta é o gasto, neste momento, de 123.479 euros nun
parque infantil, tendo o parque infantil Agros de Ramírez tan próximo.
Dende o Consello Comarcal de EU Compostela
reiteramos que apoiamos o mantemento de espazos públicos na cidade, pero
reiteramos que o Concello sempre debe priorizar o uso do diñeiro público, sendo
necesario neste momento o investimento en políticas sociais que busquen unha
sociedade xusta e igualitaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario