O grupo de traballo
de políticas sociais de Esquerda Unida Compostela demanda que calquera medida
que tome unha Administración Pública debe defender os dereitos e liberdades de
todas as persoas.
Unha desta medidas
é a de ter un Código Penal garantista dos dereitos das persoas, mais por mor da
reforma deste Código Penal, auspiciada polo ministro Gallardón, as persoas
diagnosticadas dalgunha enfermidade mental padecen o ataque contra a súa
liberdade persoal e a súa dignidade.
É ofensivo e
reprobable que nesa reforma lexislativa se recupere unha visión estigmatízante
das persoas diagnosticadas de enfermidades mentais, en canto á consideración
das persoas ininputables por razóns de saúde mental coma “perigosas”.
Consideración sostida unicamente por prexuízos sen ningún apoio nos feitos, que
sinalan que as persoas diagnosticadas de enfermidade mental son máis vítimas de
violencia, abusos e discriminación que perpetradoras das mesmas.
É tamén inadmisible
o trato discriminatorio previsto na reforma do Código Penal ás persoas
declaradas ininputables por razóns de saúde mental. Permitindo esta reforma,
xulgar á persoa e non o delito cometido, e establecendo “Medidas de Seguridade”
que poderían exceder ás penas aplicables ao delito cometido, hasta o punto en
que permitirían o encerro a perpetuidade nun centro psiquiátrico en previsión
de delitos que non se cometeron.
Para o grupo de
políticas sociais de EU Compostela tamén é inadmisible que se poidan impoñer ás
persoas diagnosticadas de enfermidade mental, medidas de liberdade vixiada
tamén de xeito indefinido que poderían chegar a ser perpetuas se así o o xuíz
ou xuíza o ditamina. É especialmente revelador da pouca sensibilidade do
lexislador e da natureza puramente represora da reforma proposta, o feito de
que en ningún momento se faga, neste texto, ningunha referencia a unha eventual
finalidade terapéutica ou rehabilitadora das medidas impostas máis alá da
propia “seguridade”.
Dende o grupo de
políticas sociais de Esquerda Unida Compostela entendemos unha abordaxe
adecuada dos problemas que poidan estar sufrindo as persoas diagnosticadas de
enfermidade mental grave, debe ser unha abordaxe centrada na atención
sociosanitaria desenvolvendo recursos apropiados e non unha abordaxe puramente
represora.
Consideramos que o
texto recollido no Proxecto de Reforma de Código Penal é prexuizoso e estigmatízante
para as persoas diagnosticadas de enfermidades mental, e que as medidas expostas liquidan os
dereitos fundamentais das persoas diagnosticadas de enfermidade mental, atentan
contra a Convención Internacional dos Dereitos das Persoas con Discapacidade, e
ignoran as recomendacións da Organización Mundial da Saúde.
Por todo isto o
grupo de políticas sociais de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do
concello de Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro. Instar ao Goberno do Estado a
respectar os dereitos das persoas diagnosticadas de enfermidade mental,
mantendo o actual articulado do Código Penal nesta materia e rexeitando a
modificación do mesmo.
Segundo. Instar ao Goberno do Estado ao
desenvolvemento de recursos psicosociais alternativos
No hay comentarios:
Publicar un comentario