miércoles, 15 de enero de 2014

Moción retirada reforma da lei do aborto



O dereito a decidir das mulleres sobre a súa maternidade, non se pode enmarcar nun debate alleo á libre decisión das mulleres. É un dereito fundamental e, como tal, non pode ser obxecto de intercambio cos estamentos relixiosos e sociais máis reaccionarios.

O dereito á interrupción voluntaria do embarazo, á libre decisión das mulleres: sen interferencias, sen condicionantes, sen tutelas, nin penalizacións, é un Dereito Fundamental.

En 1985, no noso país, co goberno do PSOE, produciuse unha despenalización parcial e tiveron que pasar 25 anos, até 2010, para unha reforma da lei de interrupción voluntaria do embarazo algo máis avanzada, pero aínda con moitas limitacións.

Agora o PP expón un Anteproxecto restritivo e retrógrado que vulnera dereitos e liberdades das mulleres en relación á súa capacidade de decisión sobre a súa maternidade.
Fronte a iso é necesario unha lei:

-          que contemple a prevención contra os embarazos non desexados cunha educación sexual que percorra todos os estadios educativos, con perspectiva de xénero.

-          que permita ás mulleres interromper o seu embarazo no momento e polas razóns que desexe, sen restricións, sen prazos e sen tutelas na sanidade pública.

-          que regule a obxección de conciencia para que esta non sexa unha coartada da clase sanitaria máis reaccionaria;

-          que elimine o aborto voluntario do código penal tanto para as mulleres como para as e os profesionais sanitarios que o practican.

-          que inclúa a cobertura da totalidade dos métodos anticonceptivos pola sanidade pública
-          na que non sexa necesario de consentimento materno/paterno para as mozas de 16-18 anos, etc.

-          que incorpore a formación en saúde sexual e reprodutiva, tanto no ámbito sanitario como no educativo.

-          que garanta a preparación do conxunto de profesionais para a práctica da interrupción voluntaria do embarazo e que esta se inclúa nas carreiras de medicina, enfermaría e outras profesións sociosanitarias.

-          que non cuestione a capacidade das mulleres para tomar decisións sobre a súa vida, senón que potencie a súa autonomía,

-          que  inclúa un protocolo común para a práctica da IVE no Sistema Nacional de Saúde

-          que garanta o equilibrio territorial.

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

ACORDOS

Primeiro. O rexeitamento do Anteproxecto de Lei de Protección dos Dereitos do Concibido e da Muller Embarazada aprobado polo Consello de Ministros/as porque restrinxe dereitos fundamentais das mulleres, solicitando a súa retirada inmediata.

Segundo. O posicionamento a favor de que calquera reforma que se faga sobre Lei Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, estea encamiñada a ampliar os dereitos que son fundamentais e específicos das mulleres, de forma que as mulleres poidan decidir en sobre se queren ou non ser nais.

Terceiro. Facemos un chamamento, á sociedade no seu conxunto, á mobilización e a denuncia en contra da restritiva reforma do aborto do Partido Popular  e pola defensa dun Dereito ao Aborto, libre, público, gratuíto e fóra do Código Penal.

No hay comentarios: