REPRESENTANTES
DO CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REÚNENSE CO CENTRO VAGALUME.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DEMANDA PLANS DE ACTUACIÓNS CONTRA A EXPLOTACIÓN
SEXUAL DAS MULLERES QUE EXERCEN A PROSTITUCIÓN.
Os representantes do Consello Comarcal de Esquerda
Unida Compostela, Sara García e Vicente Vázquez, e a militante, Sofía Díaz, mantiveron unha xuntanza co centro
Vagalume.
Na xuntanza expúxose en primeiro lugar as
dificultades existentes para que as mulleres que exercen a prostitución poidan
denunciar a explotación sexual á que son sometidas. O medo, sobre todo polos
familiares que quedaron no país de procedencia, é un dos principais motivos
para non denunciar. Pero o lento proceso xudicial tamén dificulta que se
denuncie a trata de persoas que hoxe en día acontece na nosa cidade ou na
comarca.
Informáronnos no centro Vagalume que nos últimos
anos detectaron, debido a crise-estafa que padecemos, que mulleres que
conseguiran recuperar a súa vida, víronse na obriga de volver a exercer a
prostitución para poder sobrevivir.
Consideramos unha gran labor a que leva a cabo
Vagalume, tanto no centro de día coas actividades que ten, como no piso de
acollida temporal no que ás mulleres que decidiron firmemente abandonar a
prostitución encontra un lugar no que dar os primeiros pasos para unha nova
vida.
Mais sendo encomiable esta labor, demandamos que o
Concello, e calquera outra Administración, ten que cumprir coa súa obriga de
servizo público e ter dende servizos sociais ata protocolos de actuación
adecuados para a loita contra a explotación sexual.
Desde o Consello Comarcal de EU reiteramos que a prostitución supón unha
forma extrema de violencia de xénero que non pode ser obxecto de
regulamentación. Esiximos das Administracións Públicas, coa colaboración das
organizacións sociais interesadas, o desenvolvemento de políticas encamiñadas á
súa abolición, con programas integrais dirixidos ás persoas que exercen a
prostitución e campañas de tolerancia cero cara o proxenetismo e o
prostituidor.
Tal e como xa manifestáramos con anterioridade,
unímonos as críticas expresadas dende o centro Vagalume respecto as restricións
e dificultades que as persoas migrantes teñen para acceder á tarxeta sanitaria.
A única sanidade que cubre as necesidades da cidadanía é aquela que é Pública,
Gratuíta e por suposto Universal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario