viernes, 31 de enero de 2014

Dimisión XA de Ángel Currás



O CONSELLO COMARCAL  DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REITERA QUE ÁNGEL CURRÁS NON PODE SEGUIR SENDO ALCALDE.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA LAMENTA A DECREPITUDE ÉTICA E MORAL DO PP QUE AFECTA GRAVEMENTE ÁS VECIÑAS E VECIÑOS.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, respectando a súa presunción de inocencia, esixe a dimisión inmediata de Ángel Currás.

Tralo informe do  Servizo de Vixilancia Aduaneira no que se concreta as presuntas ilegalidades no contrato da gardería de Salgueiriños, expoñendo a responsabilidade do alcalde como coñecedor  dos enchufes que presuntamente levou a cabo a trama corrupta que se investiga na operación Pokemon, o señor Currás, por decencia, debe renunciar ao seu cargo público e abandonar o corporación municipal.

Por suposto será o proceso xudicial, chegado o momento, quen ditamine a culpabilidade ou non de Ángel Currás, pero por ética é inadmisible que siga sendo alcalde da cidade tralos indicios de culpabilidade que se expoñen con claridade no informe da SVA

Por respecto ás veciñas e veciños debe abandonar de inmediato o Concello de Santiago, sería inadmisible que o señor Ángel Currás se aferrara ao seu cargo, cando por exemplo neste informe se lle atribúe como mínimo uno dos enchufes para a súa contratación na gardería.

Se a covardía e ineptitude de Ángel Currás e do seu equipo de goberno, impiden tomar as medidas necesarias para garantir a mínima gobernabilidade da cidade é necesario que o señor Núñez Feijoo asuma as súa responsabilidade e actúe de inmediato para garantir o benestar da cidadanía.

Polo ben da Democracia, cómpre que a cidadanía teña voz para expresar cara a onde quere que camiñe o Concello: se seguirmos con esta deriva, ou rachar con estas formas de facer política e alumear un novo horizonte democrático.

No hay comentarios: