jueves, 16 de enero de 2014

Apoio á iniciativa "cans aquí si"




O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA APOIA A INICIATIVA 'CANS AQUÍ SI', QUE BUSCA PROMOVER A CONVIVENCIA ENTRE AS ESPECIES CANINAS E AS PERSOAS

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA ANIMA Á POBOACIÓN DE COMPOSTELA A SUMARSE E A COLOCAR O INSTINTIVO DA CAMPAÑA NOS SEUS ESTABLECEMENTOS.

O Consello Comarcal de EU Compostela sempre apoia as iniciativas en defensa dos dereitos dos animais, así como as que buscan mellorar a vida dos mesmos, como tamén a dos seus donos e donas.

En moitos países da nosa contorna é habitual que as mascotas acompañen aos seus donos e donas nas vacacións, entren nos espazos públicos, nos establecementos comerciais, no autobús, nas cafeterías, etc. Mais en moitos puntos de España estraña ver a un animal de compañía nun local público, a pesar de que na maioría dos casos, as lexislacións locais non o impiden.

É necesaria a superación da visión negativa dun can ou cadela como fonte de problemas, que debe manterse afastado da sociedade, fronte a visión de animais educados por propietarios responsables que poden facer achegas ao ben común (asistencia para persoas con discapacidades físicas, visuais, auditivas, con autismo ou outras enfermidades). Para isto hai que promover unha cultura na tenza responsable dos animais, así como na educación. Outro modelo de convivencia é posible.

Consideramos importante que os propietarios e propietarias podan desprezarse pola cidade coa súa mascota de modo natural, sen impedimentos para desenvolver as súas diferentes tarefas cotiás. Unha das mellores formas de crear unha conciencia social contra o abandono e facer ver a sociedade que os animais de compañía son parte dela

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, como organización ecoloxista e defensora dos dereitos de todos os animais, ao igual que loitamos contra a explotación animal nos circos ambulantes ou contra a tortura da tauromaquia, queremos amosar o noso apoio ás políticas destinadas a mellorar a convivencia entre seres humanos e mascotas, como a posibilidade de que os cans e cadelas podan entrar nos locais da cidade.

Por todo isto, dende o Consello Comarcal de EU Compostela chamamos aos composteláns e compostelás a apoiar a iniciativa de Só lles falta falar: 'Cans aquí si' no que sen dúbida sería un paso importante para as persoas con animais de compañía.

No hay comentarios: