Dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela animámosvos a asistir a presentación do libro "Guerrillero contra Franco, guerrillero contra el olvido" de Francisco Martínez López, Quico. O autor estará acompañado de Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da USC, e Víctor Manuel Santidrián Arias, da Fundación 10 de Marzo. O acto terá lugar ás 19.00 h. do martes 3 de maio na Librería Couceiro (Praza de Cervantes, 6; Santiago de Compostela).
Guerrillero contra Franco, guerrillero contra el olvido é o relato personal de Francisco Martínez López, Quico, sobre a súa participación primeiro na Federación de Guerrillas León-Galicia e, despois, no Ejército Guerrillero Galicia-León (1936-1952).

Na segunda parte do libro, Martínez López relata as súas vivencias no exilio francés e a súa militancia no PCE. Reflexiona, ademais, dunha maneira crítica sobre o proceso de transición da ditadura á democracia e denuncia o pacto de silencio sobre o que foi a loita antifranquista.
O libro amplia unha achega anterior do autor, editada desta volta pola Asociación Guerra, Exilio e Historia del País Vasco coa subvención do Ministerio de Presidencia do Goberno de España.
No hay comentarios:
Publicar un comentario