OS CABEZAS DE LISTA DE ESQUERDA UNIDA EN AMES E COMPOSTELA PRESENTAN AS LIÑAS MESTRAS DO PROGRAMA POLÍTICO PARA ESTAS ELECCIÓNS
UN PROGRAMA QUE INVITA A NON RESIGNARSE E QUE OFRECE MEDIDAS CONCRETAS PARA UNHA POLÍTICA DE ESQUERDAS, ALTERNATIVA E TRANSFORMADORA, QUE ANTEPÓN AS PERSOAS SOBRE OS INTERESES DO CAPITAL
UN PROGRAMA QUE INVITA A NON RESIGNARSE E QUE OFRECE MEDIDAS CONCRETAS PARA UNHA POLÍTICA DE ESQUERDAS, ALTERNATIVA E TRANSFORMADORA, QUE ANTEPÓN AS PERSOAS SOBRE OS INTERESES DO CAPITAL
Os cabezas de lista de Esquerda Unida en Compostela, Xabier Ron, e Ames, Daniel Amador, presentaron as liñas mestras do programa político e social que defenderán nos vindeiros 15 días, coa firme convicción de que o programa é o contrato co que se comprometen ante a sociedade.
Antes de entrar en materia, Xabier Ron criticou o silencio informativo con respecto ao acto inicio de campaña realizado na Praza de Cervantes, xa que, entende, a pluralidade democrática, en tempos de eleccións, demanda que se informe de todas as organizacións políticas en igualdade de condicións.
Despois, Xabier Ron destacou dous feitos con respecto ao programa: a) responde desde unha ideoloxía de esquerdas, alternativa e transformadora, ás necesidades das persoas, da maioría social, nun tempo de crise onde todas as medidas que os xestores do capitalismo adoptaron foron contrarias a esas necesidades, que son dereitos básicos. É un programa, polo tanto, que non acepta a inevitabilidade dos recortes en dereitos. b) En segundo lugar, é un programa elaborado desde a participación dos numerosos colectivos veciñais e sociais cos que Esquerda Unida se reuniu ao longo destes anos.
O programa político e social estrutúrase en 11 eixos: 1) Democracia Participativa; 2) Un modelo público de xestión; 3) Emprego estable, de calidade e con salario digno; 4) O acceso á vivenda, un dereito; 5) un concello inclusivo para a igualdade de oportunidades real; 6) ecoloxía, sustentabilidade e cohesión social; 7) Educación e interculturalidade; 8) Solidariedade e internacionalismo. Cultura formativa. Por unha cultura de paz; 9) Sanidade Pública, con recursos, eficaz e eficiente; 10) deportes e lecer; 11) un proxecto global para a revitalización do rural. Para dar resposta a eses 11 eixos, Esquerda Unida presenta 250 medidas concretas destinadas a dar resposta ás necesidades dos Concellos de Compostela e Ames. (o programa de Compostela é descargable en http://eusantiago.blogspot.com ).
Pola súa banda, Daniel Amador, insistiu en catro ideas básicas respecto á situación actual do Concello de Ames. O cabeza de lista de Ames denunciou a ineficaz planificación e pésima xestión dos servizos públicos facendo fincapé na incorrecta previsión en todo o que se refire á educación., onde existe unha numerosa demanda que non será atendida debido a esa mala planificación (en concreto, no caso do Milladoiro hai 952 prazas para 1981 nenos e nenas entre 0 e 11 anos; e a situación de saturación do CEIP de Ventín é insostible).Daniel Amador recalcou que os Concellos poden e deben loitar contra o desemprego (2700 persoas desdempregadas) e a precariedade, (90% de temporalidade nos contratos). Para iso, Esquerda Unida Ames impulsará un Plan Municipal de Emprego de Calidade e será dinamizado desde unha Axencia de Colocación Municipal. Outras das grandes eivas que serán correxidas se Esquerda Unida Ames entra no Concello será a carencia de canles de participación nos asuntos cotiáns do Concello. Esquerda Unida reformulará a estrutura organizativa do Concello en base á Democracia Participativa, e traballará para termos os primeiros orzamentos participativos no Concello.
Finalmente, tanto Daniel Amador como Xabier Ron destacaron a necesidadede que sexa unha campaña transparente, aberta, de contidos e propostas, e que se renuncien a insultos e descalificacións que nada achegan.
Esquerda Unida realizará unha campaña política austera, de contacto directo, de proximidade cos colectivos veciñais e sectoriais, empregando tanto a tradicional pegada de carteis, como a distribución en man do díptico electoral, asi como facendo uso das novas tecnoloxías de infromación (web, blog, facebook). Igualmente, ambos candidatos reclamaron que nestes 15 días non se polarice a información electoral en base aos dous grandes partidos, senón que se atenda á diversidade e á pluralidade de ideas que se presentan nestas eleccións para que, deste xeito, unha cidadanía ben informada sexa quen de poder expresar o seu voto con pleno coñecemento das diferentes posibilidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario