ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REÚNESE COA UNION DE CONSUMIDORES DE GALICA (UCGAL) .
XABIER RON PRESENTOU AS PROPOSTAS DE EU SOBRE TRANSPORTE PÚBLICO, VIVENDA E A PROMOCIÓN DO COMERCIO XUSTO E DA COMPRA ÉTICA .
XABIER RON PRESENTOU AS PROPOSTAS DE EU SOBRE TRANSPORTE PÚBLICO, VIVENDA E A PROMOCIÓN DO COMERCIO XUSTO E DA COMPRA ÉTICA .
Membros da candidatura de Esquerda Unida Compostela, encabezados por Xabier Ron, candidato á Alcaldía de Esquerda Unida en Compostela, e Vicente Vázquez, segundo cabeza de lista, reuníronse o venres,11 de maio con representantes de UCGAL, Ana Olveira, presidenta da entidade, e Miguel López, secretario da mesma.
Dende UCGAL manifestaron a necesidade de protexer dende as administracións públicas os dereitos de persoas usuarias de servizos, facendo fincapé na nova campaña que están a realizar, debido os problemas relacionados co sector eléctrico, sobre as facturas da luz.
Tamén resaltaron a necesidade da profesionalización do pequeno comercio, e da necesidade de que o concello colaborar en todo o posible, con feitos non con palabras.
Esquerda Unida Compostela espuxo o seu modelo de democracia participativa, e como a través dela, unha cidadanía empoderada, ben informada, é quen de esixir que se cumpran os seus dereitos básicos e de reivindicar a eficacia e eficiencia dos servizos públicos básicos. Xabier Ron aproveitou para falar da Oficina de Dereitos Sociais e do Valedor do Pobo Local como medida adicional en defensa dos dereitos das persoas en tanto que usuarias dos servizos públicos e dos servizos sociais. Outras das medidas detalladas tivo que ver co proceso de compra en base a criterios éticos, sociais e ecolóxicos e a defensa do comercio de proximidade, do comercio xusto, asi como da soberanía alimentar a través da creación dunha Empresa Municipal. O Plan Global de Mobilidade Sustentable económica e medioambientalmente, e o acceso a unha vivenda digna foron outras das medidas
A xuntanza estendéuse por un espazo de dúas horas e serviu para comprobar as concomitancias entre as filosofías que defende Esquerda Unida para a cidadanía e as de UCGAL en tanto que defensora dos dereitos de usuarios e usuarias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario