miércoles, 11 de mayo de 2011

Presentación eixo programático sobre Emprego

ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA PRESENTOU AS SÚAS MEDIDAS PROGRAMÁTICAS PARA TERMOS UN CONCELLO CON EMPREGO ESTABLE, DE CALIDADE E CON SALARIO DIGNO .





O candidato á Alcaldía de Esquerda Unida en Compostela, Xabier Ron, acompañado por Daniel Pérez Amador, candidato á Alcaldía de Esquerda Unida en Ames, e por Vicente Vázquez, segundo cabeza de lista en Compostela, presentou as medidas programáticas para acadarmos emprego estable, de calidade e con salario digno no Concello de Compostela.

Nunha cidade onde 8.500 persoas están en situación de desemprego, onde 4.000 persoas están moi empobrecidas e un 20% viven en risco de exclusión social, o Concello, dentro das súas posibilidades debe resistir e ser quen de ofrecer una protección fronte á quebra de dereitos de todo tipo auspiciados polo sistema capitalista.

Esquerda Unida está convencida que desde o concello, en tanto que administración pública, se debe resistir e poner en marcha medidas que, en certo modo, freen a voracidade de recurtes que auspicia o neoliberalismo e regular o mercado.

Esquerda Unida Compostela quere entrar no Concello para que se redistribúa a riqueza baixo a forma dunha verdadeira política de igualdade de oportunidades para todas as persoas mediante un modelo público de xestión e uns servizos públicos de calidade, eficaces e eficientes.

O Concello debe intervir para ofrecer solo produtivo ou xerar o mesmo, e adoptar medidas fiscais incentivadoras de emprego e favorecer as iniciativas de economía social. Esquerda Unida é o que quere para Compostela.

Algunhas das medidas destinadas a acadarmos un emprego estable, con dereitos, serían:
a) Re-municipalizar servizos públicos agora privatizados mediante a creación de Empresas Municipais de Servizos.
b) Crear una Axencia de Colocación Municipal e rexeitar a utilización das ETT’s e axencias privadas de colocación, e poner en marcha un Plan Municipal para a Calidade do Emprego.
c) Establecer nos pregos de condicións de obras e servizos municipais primar ás empresas que procuren emprego estable e introduzan criterios de redución da xornada laboral (35 horas semanas).
d) Introducir a claúsula social nas licitacións da Administración Pública para o fomento da calidade e promoción de emprego a persoas con discapacidade e persoas en situación de risco de exclusión social.
e) Reserva de mercados protexidos para empresas de inserción social e centros especiais de emprego
f) Dinamizar o pequeno comercio local
g) Promover o modelo de mercados produtores fronte ao de intermediarios e crear una Empresa Municipal para a Soberanía Alimentar.
h) Desenvolver emprego estable nos nichos relacionados co medioambiente e coa atención sociosanitaria.
i) Plans tranversais de emprego para as mulleres e a mocidade. Para Xabier Ron é imperativo mellorar a situación laboral e social das mulleres facilitando a conciliación real entre a vida persoal, laboral e familiar e a incorporación e permanencia das mulleres no emprego. A creación das infraestruturas sociais para a atención e coidado das persoas en situación de dependencia que libere ás mulleres da asunción en exclusiva desas tarefas non compartidas e lles permita desenvolver una actividade laboral retribuida.

No hay comentarios: