A ASEMBLEA COMARCAL DE
ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA RATIFICA O APOIO DESTE ORGANIZACIÓN Á FOLGA XERAL E O
COMPROMISO NA DEFENSA DOS DEREITOS DA CLASE TRABALLADORA
NINGÚN REPRESENTANTE DO
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA ACUDIRÁ O VINDEIRO PLENO DO 29
DE MARZO
Os afiliados e afiliadas de Esquerda Unida Compostela manifestaron en asemblea
o seu total apoio á Folga Xeral do 29 de marzo, animando á cidadanía a
participar nas mobilizacións sindicais dese día.
Tal e como xa fixera público o Consello Comarcal de EU Compostela no seu
manifesto contra a reforma laboral, a afiliación de Esquerda Unida ratifica que
esta reforma laboral destrúe os dereitos da clase traballadora, gañados, non
regalados, tras anos de loita.
Unha vez máis queremos manifestar que esta reforma laboral supón abaratar o
despido, incluso facilita o despido colectivo, tamén supón o esnaquizamento da
negociación colectiva, xerando nos traballadores e traballadoras indefensión
ante unhas medidas draconianas que precarizan o emprego.
Tamén se decidiu na asemblea comarcal que ningún representante do Consello
Comarcal de Esquerda Unida Compostela asista ó Pleno, que facilmente podería
haber mudado de data para respectar o dereito constitucional a facer folga pero
que, unha vez máis, deixa ver o talante totalitario de Conde Roa e o PP, que
sen maiores argumentos que a súa vontade mantiveron inamovible a data do Pleno.
Lamentable actitude, por desgraza habitual, sobre todo se, como xa anunciou
o propio equipo de goberno, na orde do día apareceran temas tan sumamente
importantes para a veciñanza compostelá como os orzamentos para o 2011 e o plan
de axuste que Mariano Rajoy esixe.
Polo que, as vagas xustificacións dadas para non trocar o día de Pleno,
parecen simples escusas para poder diluír na voráxine informativa dese día os,
máis que seguro, antisociais orzamentos e os neoliberais recortes do plan de
axuste.
Por todo isto Esquerda Unida Compostela quere manifestar o seu compromiso,
tanto para garantir o éxito da convocatoria de folga, como para loitar contra
as políticas conservadoras que buscan destruír os servizos públicos para dar
cabida á especulación e lucro privados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario