O CONSELLO COMARCAL DE
ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CRITICA A FALTA DE TRANSPARENCIA E A IMPROVISACIÓN DO
PP Á HORA DE PRESENTAR O SEU PLAN DE AXUSTE.
O representante do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, Vicente
Vázquez, proseguindo co traballo municipal acudiu ó Pleno extraordinario e
urxente convocado polo PP para aprobar os recortes do seu plan de axuste.
En primeiro lugar queremos reflexar, tal e como fixeron os voceiros do BNG
e PSdeG, o malestar pola premura da convocatoria feita por Conde Roa, pese a
saber dende o pasado 25 de febreiro que antes do 31 de marzo debería ter
aprobado un plan de axuste para poder optar o crédito bancario para facer
fronte ás facturas.
Dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela tamén criticamos a falta
de información por parte do goberno local do PP, pois até os partidos da
oposición representados no Pleno recibiron a documentación do plan de axuste ás
14:40 sendo o inicio do mesmo ás 14:45.
Pero esta información ten que ir máis aló dos grupos municipais, e a
cidadanía debe estar ben informada, como mínimo, en temas tan importantes como
o plan de axuste ou os orzamentos, polo que o Concello debería prestar este
servizo documental na propia páxina web, para fomentar a participación cidadá
na vida municipal.
Do pouco feito público, pois so podemos coñecer o que apareza nos medios ou
o falado no Pleno, dende o Consello Comarcal de EU Compostela criticamos que varias
medidas anunciadas vaian en detrimento dos dereitos laborais dos traballadores
e traballadoras do Concello, perpetuando a ideoloxía neoliberal de atacar ó
funcionariado como un mal a curar.
Tamén vemos con preocupación verbas como “eficacia na recaudación” ou
“potenciar a inspección tributaria”, que deixan entrever que unha vez máis será
o peto da veciñanza a que cargue co peso dos axustes, pois unha da medidas
anunciadas e o aumento nun mínimo do 4% no IBI, amén de “outras” actualizacións
no importe
Por último dende o Consello Comarcal de EU Compostela, á espera de maior
información, valoramos moi negativamente, tanto o plan de Rajoy de transformar
a débeda que os Concellos tiñan con
provedores nunha débeda bancaria, supeditada a tipos de interese que poden
hipotecar o futuro das corporacións municipais, como os previsibles recortes
que PP local levará a cabo e que poden producir mermas nos servizos públicos e
nos dereitos laborais dos empregados municipais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario