LOITEMOS POLOS NOSOS DEREITOS, NON PERMITAMOS A
VOLTA Ó PASADO
Este ano debido ás recentes reformas, afrontamos
un 8 de marzo, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA, con moitos dereitos vulnerados que
reivindicar. O goberno do Partido Popular está a realizar numerosos recortes
que afectan á poboación en xeral e en especial ás mulleres.
REFORMA
LABORAL:
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
considera que a recente aprobación da reforma laboral aumentará o número de
desempregados, agravando as desigualdades xa existentes entre homes e mulleres.
A reforma das pensións, que alonga os anos de
cotización, para ter dereito a pensión máxima perxudícanos especialmente ás
mulleres, que sufrimos unha maior precariedade laboral. A penas, un 23,5 % das
traballadoras galegas de 65 anos cotizaron os 38,5 anos precisos para percibir
a xubilación íntegra. As mulleres
galegas cobramos en torno a un 23 % menos que os homes polo mesmo traballo. A
reivindicación de A IGUAL TRABALLO IGUAL SALARIO é aínda hoxe unha demanda por
conseguir.
A posibilidade de que os empresarios modifiquen
unilateralmente os horarios e quendas de traballo, otourgalles un poder que
ameaza o acadado no ámbito da conciliación laboral-familiar afectando
principalmente ás mulleres, dificultando o acceso ao ámbito laboral debido os
roles sociais preestablecidos dos que parece gustar o presente goberno.
EDUCACIÓN E
DEPENDENCIA:
Estanse a recortar os servizos que conformaban o
noso xa fraco estado de benestar (educación, servizos sociais e igualdade).
Fronte a supresión de prazas e peche de
centros de educación infantil que está a levar a cabo o PP, dende o Consello
Comarcal de EU Compostela reclamamos a ampliación, universalización e
gratuidade destes.
A paralización da Lei de Dependencia provoca que
sexamos as mulleres as que maioritariamente realicemos o coidado das persoas
dependentes, provocando unha maior feminización nos traballos non remunerados
no ámbito doméstico.
VIOLENCIA DE
XÉNERO E POLÍTICAS DE IGUALDADE:
Dende Esquerda Unida Compostela reivindicamos que
os recortes non afecten ás áreas de igualdade e aos plans de prevención de
violencia de xénero. O peche de centros e lugares de acollida para mulleres en
risco, como o de Compostela e outros concellos, obriga ás persoas con poucos
recursos e vulnerables a desprazarse a outros termos municipais para recibir
axuda.
Coa escusa da crise o goberno da Xunta suprimiu o
SGI (Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller)
desmantelando políticas de igualdade nun momento especialmente crítico para as
mulleres.
LEI DE ABORTO:
A DECISIÓN É NOSA NON DO GOBERNO
EU Compostela advirte que o retroceso provocado
pola revocación da Lei da Interrupción Voluntaria do Embarazo e as trabas o
acceso a pílula postcoital devólvennos a unha situación aínda máis precaria que
a existente en 1985, limitando a nosa liberdade ó suprimir o noso dereito
de decisión e convertendo a maternidade
nunha imposición, non nunha opción. A ilegalización ou persecución e algo que
xa parecía superado na sociedade na que
vivimos e o actual goberno está a instigar.
AS ANTERIORES XERACIÓNS LOITARON POR NÓS,
LOITEMOS NÓS POLAS SEGUINTES
MULLERES DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA
No hay comentarios:
Publicar un comentario