O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REUNIUSE COA AV NOVA XEIRA DE
FIGUEIRAS, CONSTANTANDO QUE O RURAL COMPOSTELÁN NECESITA UN PLAN DE ACCIÓN PARA
MELLORAR O SANEAMENTO, ABASTECEMEMTO E OUTROS SERVIZOS BÁSICOS.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA APOIA TOTALMENTE AS REIVINDICACIÓN VECIÑAIS
PARA DISPOÑER DUN ACCESO A INTERNET DE CALIDADE, EFICAZ E EFICIENTE.
Os representantes do Consello Comarcal de Esquerda
Unida Compostela, José María Tubío e Vicente Vázquez, proseguindo co traballo
municipal, e dentro do programa de reunións co tecido asociativo da cidade,
mantiveron unha xuntanza coa directiva da AV Nova Xeira de Figueiras.
No transcorrer deste encontro os representantes de
EU Compostela constataron, unha vez máis, que o rural compostelán necesita dun
plan global de acción en servizos básicos, que satisfaga de inmediato as
constantes reivindicacións veciñais de melloras en temas esenciais como o
abastecemento e saneamento de augas, melloras en infraestruturas viais,
deportivas e outras, e no tocante o transporte público unha racionalización das
paradas e das frecuencias.
Os representantes da asociación veciñal
manifestaron que en moitos asuntos no que se pode mellorar, a veciñanza mostra
a súa vontade de colaboración co Concello para poder atallar o problema, claro
exemplo no saneamento das augas onde hai a predisposición para ceder unha
parcela privada para asentar unha pequena depuradora que dea servizo os veciños
e veciñas da Portela.
Un dos puntos no que os representantes de EU
Compostela manifestaron total concordancia coas reclamacións veciñais foi non
tocante a que calquera actuación que se leve a cabo debe ir acompañada polo
pertinente servizo de mantemento periódico e de calidade, xa sexa dende a
limpeza de tuberías, ó asfalto das estradas até o pertinente retiradas de terra
desprendida ou cortes de vexetación, sobre todo neste tempo de seca.
Outros temas tratados foron, por exemplo, o campo
de fútbol, que amais de adecentalo, se lle pode dar máis utilidade cedendo a
equipos da cidade para adestramento, igualmente sinalouse a necesidade de
realizar arranxos necesarios no CSC que por suposto EU Compostela esixe o
Concello levar a cabo.
Como é habitual nas conversas que o Consello
Comarcal de EU Compostela mantén coa veciñanza do rural un dos temas máis recorrentes
e o transporte urbano, sobre todo o tocante ás frecuencias en horarios laborais
e fin de semana, e tamén, algo que Esquerda Unida Compostela apoia de forma
plena, as novas paradas que debe facer o autobús para mellorar o servizo, pero
que non se levan a cabo debido aos intereses lucrativos da empresa
concesionaria. Isto, unha vez máis, inciden en que o Concello debe velar por
prestar un servizo que beneficia á cidadanía e non polo lucro privado.
Por último tratouse o tema do acceso a internet,
no que os representantes veciñais manifestaron o seu gran malestar polo
deficiente servizo de internet, incluso inexistente en zonas de Figueiras, a
pesares do elevado custe que ten, uns 40 euros mensuais por, como máximo, un
mega de servizo, comprometendo os representantes do Consello Comarcal, o total
apoio de Esquerda Unida na loita veciñal para que o Concello vele e faga todo o
posible por habilitar un servizo de internet de calidade e a un prezo razoable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario