O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA ESIXE
TRANSPARENCIA E RECLAMA QUE SE PRESENTEN AS FACTURAS IMPAGADAS
Esquerda Unida Compostela considera que os
dirixentes políticos semellan esquecer a quen os sitúa nas cadeiras do pazo de
Raxoi: á cidadanía, e a ela é a quen deben render contas. E o equipo de
goberno, o PP, debe gobernar en nome de todos os veciños e veciñas de
Compostela. Non debe gobernar para a galería mediática, nin goberna só en nome
das persoas que o votaron.
Para o Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela resulta insultante observar que o tema das facturas impagadas, como
tantos outros, devén un pretexto para o cruce de insultos e descalificacións.
EU non quere 'pan e circo'. A cidadanía compostelá tampouco. Cómpre seriedade.
E máis nun tema de tanta trascendencia coma os impagados que, nalgún caso,
puido xerar serias dificultades a pequenos provedores para manter o seu
traballo e mesmo, queira que non, o despedimento de persoas por mor desas
facturas impagadas.
O PP leva gobernando de facto, sexamos xenerosos,
como mínimo desde setembro de 2011, isto é, 6 meses e medio. Que fixo Conde Roa
nestes 6 meses e medio a ese respecto? De non saír a norma do pago desde
Madrid, agardaría aínda máis antes de dar a cara e render contas cos
provedores?
Resulta lamentable o cruce de acusacións que só
serven para titulares na prensa. Pero nin sequera esa estratexia é capaz de
agochar un feito esencial: a responsabilidade do concello no impago. E quen
exerce esa responsabilidade, hoxe, tendo en conta que xa levan gobernando 6
meses e medio, é o goberno do Conde Roa. Mal exemplo lle dan á cidadanía.
Evitemos as burdas manipulacións e frases sen
sentido como a da concelleira popular Prado que, parafraseamos, di que o
concello se ve na obriga de "pagar as festas do PSdG e BNG". Resulta
lamentable a gratuidade coa que falan os populares, mesmo raia a frivolidade.
Desde O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
reclamamos a necesaria transparencia e claridade que debe impregnar a todo
equipo de goberno, polo que esiximos que se fagan públicas as facturas, para
sabermos as datas de emisión das mesmas e, de paso, poderemos saber en que o
Concello gastou / gasta o diñeiro dos veciños e veciñas de Compostela.
Por todo isto EU solicita saber cómo vai facer
fronte a eses pagos o Concello. Queremos que Conde Roa informe á cidadanía: a)
Vai realizar o Concello un plan de axuste, endebedándose ainda máis cos bancos;
b) vai destinar o Concello outros ingresos ou incluso unha suba de taxas para o
financiamento destes pagos; c) ou dispón o Concello de liquidez para pagar
porque estas facturas estaban xa na sua maior parte presupostadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario