O mércores 14 de marzo preséntase
oficialmente a Plataforma Cidadá
en Defensa da Radiotelevisión Pública
Galega, da que Esquerda Unida forma parte. O acto de presentación terá lugar ás 11.30h no Centro Galego de
Arte Contemporánea (CGAC).
A Plataforma Cidadá en Defensa da Radiotelevisión Pública
Galega nace co obxectivo fundamental de
implicar ao conxunto da sociedade galega na defensa
e mantemento duns medios de comunicación
públicos, democráticos e en galego, capaces de informar con veracidade,
imparcialidade e independencia.
Forman parte da Plataforma e
a respaldan sindicatos, partidos políticos, asociacións educativas, sociais,
culturais e cidadáns particulares.
A médica e feminista Lola
Ferreiro e o cómico Cándido Pazó serán os voceiros da Plataforma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario