viernes, 20 de diciembre de 2013

Aberración terraza en Porta Faxeira



DENDE O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DENUNCIAMOS A ABERRACIÓN DA TERRAZA PRIVADA, OCUPANDO A VÍA PÚBLICA, EN PORTA FAXEIRA

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA VE LAMENTABLE QUE O CONCELLO O PERMITIRA E NON FAGA TODO O POSIBLE PARA CORREXIR O SEU GRAVÍSIMO ERRO.

O Consello Comarcal de EU Compostela sempre busca conservar e protexer a zona vella da cidade, así como todos os espazos públicos de Santiago, que son das veciñas e veciños.
 
Nos últimos días vimos de coñecer a polémica desatada pola construción dunha terraza privada en Porta Faxeira por parte dun local comercial privado, invadindo e ocupando permanentemente a vía pública, co consentimento do Concello, gobernado polo incompetente Partido Popular.

jueves, 19 de diciembre de 2013

Instalación rampla nas escaleiras da Avda. de Raxoi



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela leva anos loitando porque a cidade sexa unha urbe preparada e adaptada ás necesidades de tránsito e acceso de todas as persoas.

Como xa levamos tempo demandando, a cidade de Santiago é unha cidade sobre todo peonil. Son miles de persoas as que transitan polas súas rúas día e noite e hai que buscar as solucións para adaptar a cidade para que os e as peóns non sufran impedimentos no seu camiñar, sen obstaculizar as vías para os vehículos nin provocar danos aos monumentos e tesouros que a cidade conserva.

Así, parece incrible que algunhas zonas da cidade, a estas alturas, non estean preparadas nin adecuadas ás necesidades das persoas con problemas de mobilidade, como vén sendo, neste caso en concreto, as escaleiras da avenida de Raxoi que van dar á Praza do Obradoiro.

miércoles, 18 de diciembre de 2013

Defensa laicismo



O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA PIDE QUE SE RESPETE A LAICIDADE NA EDUCACIÓN NOS COLEXIOS E INSTITUTOS DA COMARCA

AO CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA MOSTRARON A SÚA PREOCUPACIÓN DOCENTES DE DIFERENTES CENTROS POLA CELEBRACIÓN DE ACTOS CON CONTIDO RELIXIOSO POLA FESTA DO NADAL

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela sempre defendeu, defende e defenderá, dende o respecto ás distintas crenzas relixiosas, á laicidade na ensinanza e nas institucións públicas, así como a liberdade relixiosa e de conciencia.

Son datas sinaladas para as persoas cristiás de todo o mundo, xa que en decembro é cando se celebra a festividade do Nadal, na que se conmemora o posible nacemento de Xesús. Con isto, a vida tínguese de luces e diferentes festividades, así como de prácticas de marcada tendencia consumista.

viernes, 13 de diciembre de 2013

Expulsión XA de Juan de la Fuente



O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REITERA A SUA DEMANDA DE DIMISIÓN OU CESE INMEDIATO DE JUAN DE LA FUENTE.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA ESIXE A CURRÁS QUE ACTÚE DEBIDAMENTE OU RENUNCIE Á ALCALDÍA.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela reitera que Juan de la Fuente non pode seguir sendo concelleiro.

É inadmisible, tras coñecerse o informe pericial caligráfico, que este concelleiro se manteña no cargo, ou dimite ou é cesado de inmediato por Ángel Currás. As veciñas e veciños no teñen que soportar que a nefasta xestión do PP abafe o porvir desta cidade.

jueves, 12 de diciembre de 2013

Moción cláusulas sociais



O grupo de políticas sociais de Esquerda Unida Compostela considera que o Concello debe prestar os servizos públicos que a cidadanía demanda.

Por suposto consideramos que este servizos teñen que ser de titularidade e xestión pública, posto que así se garante a calidade do servizo, asegúranse as condicións laborais das empregadas e empregados e respectase o medio ambiente.

Mais nesta crise-estafa que padecemos son levadas a cabo nefastas privatizacións que precarizan as condicións laborais e provocan a merma de calidade no servizo prestado, co único fin de alimentar o lucro privado en detrimento das necesidades da maioría social.

martes, 10 de diciembre de 2013

Xuntanza con Cáritas



O COORDINADOR COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REÚNESE CON REPRESENTANTES DE CÁRITAS.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA RECLAMA QUE O CONCELLO PRESTE OS SERVIZOS SOCIAIS NECESARIOS PARA SATISFACER AS DEMANDAS DA CIDADANÍA.

O coordinador comarcal de Esquerda Unida Compostela, Vicente Vázquez, mantivo unha xuntanza con representantes de Cáritas.

Durante a xuntanza dende Cáritas manifestaron a súa preocupación por esta crise-estafa que padecemos. Indicaron que comproban que moitas persoas que antes da crise conseguiran saír do risco de exclusión social, agora volven a esta situación pola perda de traballo, acumulación de débedas e outras consecuencias da situación económica e social que sufre a maioría social.

martes, 3 de diciembre de 2013

Moción instalación sinal na rúa Fonte de Santo Antonio



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela ten como unha das súas prioridades garantir a seguridade das veciñas e veciños, así como buscar que a circulación dos vehículos pola cidade non sexa caótica nin perigosa para ninguén.

A cidade de Santiago, pola súa tradición de cidade de peregrinación e de turismo, é unha cidade moi peonil. Polas súas rúas transitan, por exemplo, visitantes de todas as partes do mundo, habitantes da mesma e estudantes da súa universidade para desprazarse dun sitio a outro. Ao mesmo tempo, cada día, miles de vehículos circulan pola cidade, tanto privados, comerciais como de uso público.

É obriga do Concello buscar unha circulación fluída para ambas partes mais non sempre é así. Na beirarrúa de Fonte de Santo Antonio, na parte que orientada cada a Facultade de Historia, acontece algo pouco razoable: a beirarrúa está obstaculizada por un edificio da zona vella. Isto obriga a que os peóns que camiñan por ela, deban correr o risco de pasar á estrada para poder seguir co seu camiño, co perigo que iso supón, posto que, por exemplo, dependendo do sentido da marcha a visibilidade dos vehículos que veñen en dirección contraria é case nula.